Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dragaxe no porto de Laxe  Correo-e
jueves, 05 de febrero do 2009

Image

Portos de Galicia adxudicou por un importe de 190.000 euros as obras de dragaxe e limpeza dos fondos no porto de Laxe. As instalacións portuarias de Laxe caracterízanse por ter adosado ao contradique unha praia en continuo basculamento cara o porto que, por efecto das ondas e das correntes de auga, propicia a acumulación de sedimento no espigón de peche do porto. A maiores, tras anos de uso, a dársena foi acumulando no seu fondo lixo de diversas orixes, que cómpre retirar para evitar que reduza puntualmente o seu calado.

Co fin de corrixir esta situación, Portos de Galicia levará a cabo a limpeza na parte interior da dársena, duns 28.600 metros cadrados. Para as labores utilizaranse grúas, dragas de succión e buzos. O material extraído será sometido a un proceso de cribado co fin de separar os obxectos atopados da area e permitir o proceso de reciclaxe axeitado en cada caso. Os residuos levaranse a un vertedoiro autorizado para o seu correcto tratamento mentres que o material areoso limpo será devolto á praia sempre que así o autorice a Dirección General de Costas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CPTOPT.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com