Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Noite benéfica de blues  Correo-e
domingo, 08 de febrero do 2009

Image

Venres noite, a mocidade da bisbarra ponse a escoitar, sen decatarse, música de verdadeira calidade. Algo difícil de atopar nestes tempos e nunha bisbarra onde a música en directo baila a ritmo de pasodoble orquestral. As bandas da zona non se prodigan ao non haber espazos especiais para os concertos. De fóra, chega algún grupo pero o non estarmos acostumados non lle damos o verdadeiro valor que teñen.Image

E aí onde hai que agradecer e recoñecerlle o mérito a esta banda compostelán dos Bankin´Blues, que da man do seu "voceiro" Javi Turnes, pasa pola Costa da Morte sempre que pode. Javi Turnes, na foto da dereita en primeira instancia, é profesor de filososfía do IES Fernando Blanco, e ademais de ter aos seus alumnos enamorados de figuras como Nietzsche, aprende aos rapaces a pensar e a dsifrutar da música de calidade.

Aí está á batería Fran, ao baixo David (á esquerda de Rafa) e Tato (detrás de Turnes na foto da dereita) á guitarra (unha nova recñén estreada, por certo), poñendo tamén as notas na creación de melodías. Son os 3 que completan unha banda que conta cun invitado especial cada vez que pasan por aquí. Ponse coa harmónica outro profesor do instituto, Rafa Mississipi en horas nocturas, quen sempre que fala dos seus alumnos non se cre que sexan tan bos.

Iso mesmo pasou na noite de venres no bar Sirena de Corcubión. Case que un centenar de rapaces, e tamén moitos maiores chegados de Corcubión e outros puntos da zona, disfrutaron do que é a música ben feita. Tratábase dun concerto benéfico, onde os cartos colleitados ían para a excursión. Case que 500 euros están no peto dos alumnos para abaratar costes, alén da festa que se pegaron ao carón dos seus profesores.

Image 

Jaz Butano

Image 

Xa está estreado o nome dos Jas Butano. A banda corcubionesa facían a súa segunda aparición en público, logo dunha noite máxica no Rodín, e montaron unha boa festa.

Mentres descansaban os Bakin, agás Javi Turnes, voz e guitarra en ambas formacións, os Drok, Marcos Trillo e Marcote puñan a bailar a toda a sala con míticos de toda a vida. Dende reggae, ao máis puro rockandroll dos Stones, unhas versións que deixaron encantados a mozos e non tanto.

Ensaiando

Image

Como fixeran hai un par de semanas nas Noites Piratas da Radio Neria, os Bakin pasan pola zona e aproveitan para ensaiar e ir grabando algo. Esta semana voltaban ao novo local de grabación da Rede de Nsaio, para grabar uns temas coa colaboración de Marcos Trillo no control técnico.

Aí están xa ocupando este espazo aberto á música da Costa da Morte. Un espazo que ten que servir de dinamizador do panorama musical da bisbarra, e un punto de encontro para que as bandas interactúen unhas coas outras, como sucede na ría de Vigo ou na Barbanza.

I é que na Costa, os grupos de música como as meigas, habelos hainos, pero ninguén os ve. A ver se isto comeza a marchar, porque a día de hoxe  tan só están ensaiando estas dúas bandas, ademais das gaitas corcubionesas de Hassan e compañía, e unha banda de mozos da vila,. Así que xa están o resto de grupos da zona falando co concello de Corcubión para ir solicitando horas para ir a grabar, que hai espazo para todos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Marga Castro.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com