Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A alerta laranxa provoca unha nova suspensión das clases  Correo-e
domingo, 08 de febrero do 2009

Por segunda vez en dúas semanas a Xunta decide suspender as clases en todo o país. Así, todos os rapaces das garderías (as privadas poden continuar coa actividade baixo o consello da Xunta de suspensión), colexios e institutos ficarán unha vez máis na casa.

Ademais, Protección Civil aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección oportunas, xa que mañá achegase "un centro de baixas presións moi profundo deixando ventos fortes, con refachos moi fortes no litoral entre Fisterra e Viveiro e zonas altas do norte de Lugo e A Coruña", que poden chegar aos 140 km/h.

Hai declarada Alerta laranxa tanto polo vento e coma no mar. As choiuvas serán máis moderadas. As horas máis duras serán entre ás 10:00 da mañá a 20:00 da tarde. A imaxe corresponde a vila de Corcubión ao longo da mañá do luns. 

Nota de prensa da Xunta de GaliciaImage

O Goberno galego suspende a actividade lectiva nas escolas infantís públicas e en todo o ensino non universitario de Galicia

  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luís Méndez Romeu confirmou hoxe a suspensión da actividade lectiva nos centros da rede educativa da Comunidade Autónoma galega, agás a Universidade
  • Segundo explicou o titular do departamento, prevense ventos de máis de 100 km/h e choivas que poden acumular os 40 litros en 12 horas
  • Méndez Romeu asegurou que foron prealertados e alertados, mediante o envío de 1.141 faxes e 770 sms, empresas e organismos que se poidan ver afectados ou vexan comprometida a súa intervención
  • A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta acordou a suspensión das actividades desenvolvidas nas escolas infantís dependentes da mesma e aconsellou que as escolas infantís de titularidade privada adopten medidas de semellante natureza para garantir a seguridade da súa comunidade educativa.

Santiago, 8 de febreiro de 2009.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luís Méndez Romeu, confirmou esta tarde a suspensión da actividade lectiva en todos os centros públicos, privados e concertados da rede educativa da Comunidade Autónoma galega, agás a Universidade. Segundo explicou o titular do departamento, o nivel de risco do fenómeno de meteoroloxía adversa de nivel de alerta laranxa por vento en terra que afectará a partir de mañá a Galicia “é suficientemente importante como para adoptar estas medidas”. Méndez Romeu explicou que o episodio meteorolóxico adverso que entrará mañá na Comunidade provocará ventos de máis de 100 km/h e choivas que poderán acumular os 40 litros por metros cadrado en 12 horas. Igualmente, destacou que os refachos poderán ser especialmente intensos entre Fisterra e Viveiro, con posibilidade de acadar, puntualmente, os 120 ou 140 km/h. No resto de Galicia, a intensidade oscilará entre os 100 e 120.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sinalou, no Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, que “a estas horas a Consellería de Educación está informando aos directores de todos os centros educativos públicos, privados e concertados de Galicia, que xa foran prealertados desta situación o pasado venres, para asegurarse de que mañá se reduzan os desprazamentos innecesarios e se adopten as medidas de seguridade e prevención oportunas”. Méndez Romeu dixo que “esperamos que esta decisión sexa comprendida pola poboación. Somos conscientes das molestias que isto pode causar, pero entendemos que o nivel de risco é suficientemente importante como para adoptar estas medidas”. Ademais, lembrou que os efectos deste episodio de meteoroloxía adversa foron informados, dende o pasado venres, a todas as entidades e organismos que se poidan ver afectados ou que vexan comprometida a súa intervención mediante o envío, dende o 112 Galicia, de 1.141 faxes e 770 sms.

Doutra banda, o titular do departamento autonómico lembrou que a Consellería de Educación “disporá un responsable que informe ás familias en todos os centros da Comunidade, así como a través do servizo de transporte escolar co fin de garantir a seguridade dos rapaces”. Tamén aproveitou para recordar á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección como evitar desprazamentos e afastarse de edificios en ruínas ou en construción, árbores e paneis publicitarios. Igualmente, aconsellou aos condutores que, no caso de vérense obrigados a desprazarse, axeiten a velocidade ás condicións da vía, pois pódense producir desprendementos de terra e pedras.

Por último, Méndez Romeu asegurou que a partir de mañá e mentres dure este episodio de meteoroloxía adversa, o persoal do 112 Galicia “reforzarase ao máximo” e comprometeuse a dar unha resposta eficaz a cada unha das emerxencias que se poida producir.

Escolas infantís

A Vicepresidencia da Xunta acordou esta tarde suspender as actividades desenvolvidas nas escolas infantís dependentes da mesma durante a xornada de mañá, luns 9 de febreiro. Esta decisión adoptouse tras coñecer o último informe emitido pola Consellería de Presidencia no que se recolle que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa, motivado por fortes ventos, que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade infantil.

Diante de tal alarma, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar acorda a suspensión das actividades desenvolvidas nas escolas infantís dependentes da mesma e aconsella, ademais, que as escolas infantís de titularidade privada adopten medidas de semellante natureza para garantir a seguridade da súa comunidade educativa.

Co obxecto de garantir que todas as persoas afectadas poidan ser informadas oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantirá a presenza no centro de todo o seu persoal.

Asemade, a Vicepresidencia da Xunta ten avisados aos restantes centros dependentes da mesma para que extremen as precaucións durante toda a xornada de mañá ante as condicións meteorolóxicas adversas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • TVG.
  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com