|
Hoxe descrubrimos unha cousa que nos aledou moitísimo. A nosa blogueira favorita volve logo duns días algo maliña, pero é que volve máis fresca que nunca. O reuma aprétalle nun brazo, pero a cabeza segue tan espalidada e clara coma sempre. Tanto fala de política coma de mozos, i é que esta María Amelia ten corda para rato. En breve traerémola nunha entrevista persoal, i é que non só ela aluncina con isto da internet. O seu blog amis95 continúa mellorando, non bastan o case que millón e medio de visitantes para frear o movemento. Podémola ver xa, de verdade, de gala para a ocasión cos beizos pintados e todo, i é que milleiros de persoas visitan cada día á abuela máis moderna de toda a bisbarra. Non era para menos, que unha señorita coma ela, media muxiá media corcubionesa, non se presentara ben arregladiña. Deste xeito, a que abrira a nosa sección da bitacora da semana, evoluciona e a partires de agora, poderemos ver a María Amelia en vídeos. Acabouse o teclear e o escoitar. Da man do youtube, o blog amis95 dá un paso adiante e permitirá que todos os seguidores de María Amelia poidamos seguila dende moito máis cerca. Botade un ollo a este vídeo cunha María Amelia máis "galeguiña" e máis costeira que nunca. Enon vos perdades o Canle de youtube de Mariaamelia95, cheo de xoias da muxiá.
Novas relacionadas
|