Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corcubión prepara o seu ácedo entroido  Correo-e
lunes, 09 de febrero do 2009

Un concello pequeno pero rabudo, onde a política lévase máis dentro que o fútbol, ten que dar un bo entroido. Este ano xa hai varias comparsas que están preparando a historia. Segredo de sumario, ata os últimos días ninguén saberá que van facer os capos da vila. O que seguro que farán é dar caña a verdes, roxos e amarelos.

BasesImage

O Concello de Corcubión fai públicas as bases que rexerán o concurso de disfraces e comparsas que terá lugar o día 21 de febreiro á partir das 16:00 h, durante a celebración tradicional do Entroido.

Haberá diversos premios para os primeiros, segundos e terceiros clasificados nas distintas categorías.As bases do "Concurso de disfraces e comparsas 2009" serán as seguintes:

  • O concurso constará de tres modalidades: comparsa, grupo e individual
  • A inscrición realizarase na Casa do Concello de Corcubión ou por teléfono no nº 981 745400. A data límite de inscrición é o 18 de febreiro ás 15:00 h.
  • Só se poderá presentar a unha das distintas modalidades do concurso co mesmo disfrace.
  • Ademais da categoría "individual", de un único integrante, os "grupos" estarán formados por un mínimo de 2 e un máximo de 9. As "comparsas" estarán formadas por un mínimo de 10 integrantes.
  • Todos os participantes no concurso deberán formar parte do desfile de Entroido polas rúas da vila, que partirá ás 16:00 h desde a Praza de Castelao o día 21/02/09.
  • As comparsas deberán acompañar a súa actuación cunhas coplas das que deberán entregar copia ao xurado antes da actuación.
  • A orde de actuación en cada modalidade designarase mediante sorteo efectuado polo xurado. Por categorías actuará en primeiro lugar a individual, logo os grupos e finalmente as comparsas.
  • O xurado estará integrado por membros de distintas asociacións do Concello de Corcubión.
  • O xurado valorará de 1 a 10 puntos os seguintes aspectos de cada individuo, grupo ou comparsa participante: disfrace, orixinalidade, coreografía e coplas.

Novas relacionadas

Outros programas de Entroido

Fonte

  • Nota de prensa de Juan Carlos Cánovas, Concelleiro de Cultura do Concello de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com