Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A construción provoca un novo aumento no paro na Costa da Morte  Correo-e
martes, 10 de febrero do 2009

Image

Recibimos un novo informe da situación do desemprego na Costa da Morte, que prepara a UPD Pacto territorial de emprego da Costa da Morte. Datos interesantes a nivel comarcal que fan moita falta para analizar a nosa situación. Así, e malia incluir Carballo nos datos, un concello cunha realidade socioeconómica moi distinta á do resto da bisbarra, podemos facer un balance de como se atopa o desemprego no mes de xaneiro no territorio do Pacto territorial de emprego da Costa da Morte.

Os datos apuntan que aumentou en xaneiro o paro ata as 11.659 persoas. un incremento con respecto ao mes anterior foi de 379 paradas/os, o que supón un 3,36% máis.

A clave de todo este proceso atopámola na construción. Nunha zona como a nosa onde a construción é tan representativa, é normal que suframos máis a crise, de feito tan só este sector sofre tanto como a media galega. Pola súa parte, malia a sombra do ERE que campea por Ferroatlántica (abril será clave), a industria e mais o sector primario aguantan (ollar o informe da Asoar-Armega), e o sector servicos acolle algún que outro parado da construción.

Pero como sempre, todo chega tarde á Costa e igual pasa co paro. Afortunadamente o incremento mensual do paro na Costa da Morte foi prácticamente a metade que o do conxunto de Galicia (6%), e case 1,5 puntos menor que o da provincia da Coruña (4,8%). O aumento do desemprego no primeiro mes de 2009 foi menor que no mes de decembro de 2008.

O dato máis preocupante é cando miramos ao ano anterior. A variación do mes de xaneiro de 2009 supón un incremento dun 22,25%% en relación co mesmo mes do ano anterior. En Galicia, esta variación é dun 24,9% e na provincia da Coruña do 22,4%.

Image 

Análise por xénero e idade

En relación coa composición por idade e xénero, hai 5.236 homes e 6.423 mulleres, que representan o 44,9% e o 55,1% respectivamente, nunha evolución na que a porcentaxe de paro masculino é maior cada mes.

O 9,05% das persoas desempregados son menores de 25 anos, unhas décimas inferior á cifra provincial. Sen embargo, mentres os mozos aumentaron un 8,7% respecto a decembro, as mulleres o fixeron un 4,12%. No caso dos maiores a diferencia aínda é maior: unha suba do 5,41% para os homes e do 1,27% para as mulleres.

Os demandantes de emprego masculinos increméntanse en 286 (o 5,78%) mentres que hai 93 mulleres desempregadas máis (1,47%) respecto ao mes de decembro. Se ollamos a compoñente de xénero na variación interanual, o incremento de mulleres desempregadas é do 9,33 % e o dos homes dun 43,37%. O comportamento do paro feminino é o que permite á Costa da Morte presentar unhas cifras lixeiramente mellores que as da provincia e Galicia.

Análise por sectores

Image 

O único sector que alcanza incrementos porcentuais similares aos da media de Galicia é o da construción, mentres que no sector primario descende o paro e na industria practicamente se mantén nos mesmos valores.

Comparando os incrementos cos do mesmo mes do ano anterior destaca o mellor comportamento do sector servizos, similar no sector primario e peor na industria, a construción e as persoas sen un emprego anterior.

O incremento do desemprego no sector primario que comezara no mes de outubro de 2008, fréase, cun descenso moi pequeno do número de paradas/os .

O sector da construción é o que presenta peores cifras con case mil persoas desempregadas máis que hai un ano. Pola contra, o comezo do ano 2009 foi algo mellor que o do ano anterior para o sector servizos , malia que o paro aumentou en sesenta persoas respecto ao mes anterior.

Finalmente, o colectivo de persoas sen un emprego anterior é o que presenta un comportamento máis regular, se ben está nunha cota máis alta que no mesmo mes dos dous anos anteriores.

Image 

Análise por comarcasImage

O estudo dos datos do paro rexistrado a nivel local desprende un comportamento dispar segundo a comarca e incluso o concello que consideremos.

A comarca con mellores datos intermensuais foi a de Muros, na que o paro rexistrado se incrementou tan só nun 0,8%. Sen embargo o incremento con respecto a xaneiro de 2008 foi o maior do territorio (29,30%), sete puntos superior ás medias do Pacto e provincial. Os sectores da construción e os servizos son os que máis contribuiron a estes malos indicadores. Sinalar que a comarca ten bos datos para os menores de 25, tanto homes coma mulleres.

Os mellores datos interanuais corresponden á comarca de Fisterra: un 16,90%. Hai que sinalar o bo comportamento do paro feminino, que aumentou só un 3% durante o último ano. Por sectores, destaca o descenso de persoas paradas no colectivo sen un emprego anterior. Os datos do mes de xaneiro non foron bos, cun incremento semellante á media provincial, pero superior ao do territorio do Pacto.

A comarca de Soneira tamén presenta datos por enriba da media do Pacto na variación intermensual (4,90%) e mellores na variación interanual (17%). Destaca o bo comportamento interanual dos sectores primario e terciario, cos mellores datos do territorio. Tamén presenta os datos máis positivos para as mulleres maiores de 25 anos. Pola contra, marca o dato máis negativo no sector secundario e hai un incremento moi notable dos mozos menores de 25 anos.

Os datos da Comarca do Xallas son os peores do Pacto na variación intermensual (5,70%) e os máis similares á media na variación interanual (20%). O mercado laboral desta comarca presenta rasgos moi acusados, con datos moi negativos para a poboación menor de 25 anos e para as mulleres. En canto aos sectores productivos, o incremento do desemprego na construción é o menor do pacto.

Por último, a comarca de Bergantiños presenta uns datos intermensuais por debaixo da media do pacto (2,60%) pero se sitúa máis de dous puntos por enriba na media interanual (24,90%). En xeral hai un mal comportamento do paro masculino (o feminino está na media do territorio) e os sectores cun peor comportamento son a construción e o colectivo sen un emprego anterior.

Novas relacionadas

Fonte

  • Informe enviado por Anabel Piñeiro Agulleiro, Directora da UPD "Pacto territorial de emprego Costa da Morte.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com