sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O pobo de Seiruga consigue evitar a extracción de áridos da zona  Correo-e
viernes, 13 de febrero do 2009

Image

Traía o pleno ordinario de Malpica de onte, xoves 12 de febreiro de 2009, un tema candente. Moita espetación creouse no concello e foron moitos os veciños da Seiruga que se plantaron no pleno, e non sairon defraudados. Image

O BNG presentou dúas mocións. A primeira, apoiado por Luis Ceán (concelleiro non adscrito) e pola Plataforma Seirguga Limpa, era unha moción en contra da extracción de area da praia de Seiruga para rexeneración da praia de Canido. Finalmente o pleno acordou aprobar a moción cso votos a favor de Luis Ceán, os do PP, os do BNG e o grupo AVE. Cañizo abstívose e o PSdG votou en contra, polo que foron 7 votos positivos por 5 negativos e 1 abstención.

A segunda é a que sae na imaxe da dereita, pola que se aprobou que o concello, que xa acordara nun pleno unha posición contraria á construción dunha piscifactoría, pero que nada movíu ata o de agora, debe tomar nota do traballo doutras vilas afectadas polo Plan Acuícola na Costa da Morte, e comece a traballar nunha alegación, Vía Xudicial, contra a construción da mesma.

O poder do pobo

É impresionante o poder que temos e que non sabemos usar. A base de cordura e de sacrifico e de estar en riba dos nosos representantes políticos, o pobo manda.

Personalizado na figura de Alfonso Vidal, o pobo da Seiruga foi quen evitar esta perigosa extracción e leva esforzándose por evitar o cemento da piscifactoría máis dun ano. Agardemos que tanto ímpetu non sexa en ban e a Xunta se decate de hai zonas onde verdadeiramente non se pode construir, e unha picifactoría tampouco, por moito plan estratéxico que exista.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com