Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Sesións filosóficas na Costa da Morte  Correo-e
miércoles, 18 de febrero do 2009
Algo novo aterra na Costa e como novidade querémolo resaltar e animar a todo o mundo a que se apunte, xa que malia que poida parecer algo alleo á veciñanza máis tradicional, as charlas tentarán contar coas características da nosa poboación. Iso si, vai haber que estudiar un pouco.

Os seminarios filosóficos que artellan Javier Turnes e Serxio Iglesias, co apoio da Facultade de Filosofía da USC, co da Sogafi e tamén co da Universidade Popular de Corcubión, desenvolveranse na vila de San Marcos un sábado ao mes entre marzo e xuño.

Os seminarios contarán cun poñente cada semana, que introducirá una parte dos libros que cómpre ler para acodir. Dous libros, a verdade, extranos, difíciles, visionarios, "un pouco" sombríos, escritos dentro do movemento filosófico contemporáneo Tiqqun, que analizan a actual situación da sociedade capitalista en todos os seus estados.

Un pouco de historia

Os 'membros' de Tiqqun, que pensan como bárbaros interiores, non son rusos nin árabes, senón dos nosos, franceses ou italianos -poucos o saben- e falan o noso idioma. Son cultos, citan a Benjamin, a Walser e a Kafka. E sen embargo, o que din non deixará de alterar os nosos ouvídos, pois volven o noso pasado contra esta cultura do presente e descobren unha temporalidade oculta na nosa historia que nos fai aberrantes.

Teñen a ousadía e o descaro de ignorar que a Democracia se ten convertido na relixión verdadeira, falan como se o mal, aquilo do que hai que ocuparse, anidase dentro de nosoutros, coma se foramos nosoutros. Xeran asi unha metamorfose monstruosa da nosa cotidianeidade: falan de nós como se foramos os Outros, de xeito que nos costará recoñecernos nese espello.

Quizá Tiqqun sexa o que podería dividirnos. E como diría Badiou: Que é un pensamento que non divide ós homes? Pois ben, esa sospeita lévanos a intentar unha serie de reunións en torno ós dous libros que vos indico e ás que vos queremos invitar.

SesiónsImage

Terán lugar na Casa da Cultura de Corcubión, na Costa da Morte un sábado ó mes a partires do mes de marzo. Serán catro sesións, adicando dúas a cada libro. A idea é que cada relator faga unha pequena presentación da súa lectura da parte correspondente a cada sesión e a partir de aí debería xurdir o debate.

Terán lugar en horario de 11.00 a 13.30 hs. Despois da sesión, poderemos comer xuntos no Restaurante 'O Carrumeiro', no peirao de Corcubión (12 euros).

Os seminarios están abertos a todo aquel que desexe asistir, as únicas condicións son ter lido os libros e pagar a cuota de 20 euros (estudantes gratuito). O pago realizarase en man os mesmos días dos seminarios.

Prégase avisar enviando unha folla de inscrición con nome e apelidos, enderezo, poboación, C.P., Provincia, DNI, teléfono e correo electrónico; enviándoo a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Datas

  • 14 Marzo 2009. Teoría del Bloom I. Ignacio Castro Rey. Profesor de Filosofía (Madrid)
  • 18 Abril 2009. Teoría del Bloom II. Miguel Ángel Quintanar. Profesor de Filosofía (Lugo)
  • 9 Maio 2009. Introduccion a la guerra civil I. Marcos Lorenzo. Antropólogo e Economista (Santiado dC)
  • 6 Xuño 2009. Introducción a la guerra civil II. Javier Turnes. Profesor de Filosofía (Cee)

Como mercar os libros

Os libros chámanse “Teoría del Bloom” e “Introducción a la guerra civil”. Os dous están firmados polo "medio" anónimo Tiqqun na editorial Melusina. É en importante traer os textos traballados de antemán para o bo aproveitamento dos debates. Os libros pódense adquirir directamente na páxina web da editorial Melusina[1] (www.melusina.com), o prezo é de 10 euros cada exemplar.

Tamén podedes acodir á librería Follas Novas de Santiago onde é posible mercar os libros, que van dispoñer de stock abondo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Texto de introdución histórica de Javi Turnes.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com