Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo  Correo-e
viernes, 20 de febrero do 2009

Non sabía eu hoxe moito de que escribir, máis que nada porque onte foi un día de traballo intenso, moito coche, moito pensar e meditar e a min tanta intensidade non me senta un demo de ben, así que non tiña a cousa moi clara.

Pensaba si tocar o asunto do presidente da Conferencia episcopal, que onte daba as directrices do seu partido nunha comparecencia pública, xa saben, abortistas asasinos, goberno socialista de ateos e descridos e os Domingos nada de traballar, que os nosos estatutos e o noso presidente, o Papa vaia, din que o domingo e para ir os mitins, a misa oh!, e para pasear ca muller un metro por atrás dun. Pero non, demasiada publicidade para quen fai política sen estar rexistrado no Ministerio de Xustiza como formación de tal cousa.

Pensei tamén en tocar algo do asunto das eleccións pero entre que non me creo dende hai tempo que ese tipo de eventos sirvan para nada máis que para despilfarrar carto público e para engordar as contas bancarias de publicistas e empresas de marqueting, pois como que o corpo non me daba, que non me pedía guerra un tema así. e na comarca?

Ben, aquí a cousa ben sendo falar do mesmo dende que teño uso de razón, a saber; pero que mal se portan connosco tódalas administracións, que malos son os políticos locais que so están para “chupar” e que pouquiño futuro lle vemos a todo isto, e que si a crisis, que si pecha a fábrica, que si isto que si aquilo... na!, o mesmo de sempre.

E a ultima hora unha información, un achádego, unha chispa desas que che fai recuperar a fe en que todo xira segundo ti cres que o fai, que todos aqueles elementos que ti afirmar e reafirmas que son os que realmente gobernan na comarca, os verdadeiros poderes fácticos, en verdade articulan un discurso e unhas actividades. Unha luz.

Onte un ex-alcalde, un empresario coñecidísimo na vila que gobernou ese ex-alcalde, o alcalde actual desa vila e unha cuarta persoa que non vou nin a insinuar, comían xuntos en Muros. E falaban de algo tan importante que a súa soa mención nos medios resultaría catastrófica. Porque se xuntaron a auga e o aceite?. Realmente o alcalde o ex-alcalde se levan tan mal como din en publico?. Que pacto de goberno periga na comarca? (si é que periga algún)

Si é que sempre pasa algo ó sur do río Grande. Non llo dicía eu.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com