Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A parteira “Susa da Chasca” terá unha rúa ao seu nome en Corme  Correo-e
lunes, 23 de febrero do 2009

O Goberno municipal de Ponteceso propoñerá na vindeira sesión plenaria ordinaria poñerlle o nome de María Jesús Varela Vidal “Susa da Chasca”, a unha rúa do pobo de Corme. "María Jesús Varela Vidal" é a única parteira que se recorda na historia do pobo. O gobernó municipal levará a cabo esta acción como labor de recoñecemento social a esta veciña da localidade.

A rúa elexida podería ser o caleixón donde se atopa a súa casa natal, debido a que este carece de nome nestes momentos. De todos os xeitos o concello estudiará a mellor ubicación posible.

Nota de prensa do concello de PontecesoImage

O Goberno municipal propoñerá na vindeira sesión plenaria ordinaria poñerlle o nome de María Jesús Varela Vidal “Susa da Chasca” a unha rúa do pobo de Corme. O goberno municipal levará a cabo esta acción como labor de recoñecemento social a esta veciña da localidade, cuia biografía resumimos a continuación:

Mamá Susa, como a chamaban as nenas e nenos de Corme, foi a única parteira que se recorda na historia do pobo. Naceu en 1882. Con 26 anos (en 1908), o seu home marchou para América para non volver, e ela quedou cun fillo de 6 meses no colo.

Enfermou, e tivo que ir a Santiago, ó hospital. Alí estivo uns dous anos, primeiro como enferma e logo como enfermeira, aprendendo a atender partos. Cando volve a Corme, arredor do ano 1910, empeza a traballar de parteira, asistindo tamén a xente enferma doutras doenzas.

A xente de Corme lémbraa como unha muller moi alegre e cariñosa, moi competente no seu oficio, capaz de cantar e bailar para animar a unha muller nun parto. Gustáballe que os nenos e nenas a chamaran Mamá Susa, pois dicía que, en certo modo, era a nai de todos e todas pois os vira nacer. As daquela nenas acórdana con moito cariño, pois sempre tiña unha aperta, un bico ou un conto para cada unha. Susa da Chasca tamén se dedicaba a redistribuír a pouca riqueza que había en Corme. Preocupábase polas mulleres que non tiñan “con que acender lume”. Cando unha muller sen recursos daba a luz, amais de non cobrar polos seus servizos, buscaba en casa doutra que tivera algo de comida para aquela que non tiña (un pouco de fariña, fabas, chocolate,...).

Tía Susa desempeñou un importante papel na nosa vila na primeira metade do século XX , cando a atención médica non era o que é hoxe Exerceu a súa profesión de parteira ata os anos 60, máis ou menos ata cando chegou D. Manuel, o primeiro médico da Seguridade Social que houbo en Corme. Morreu en 1970, con 88 anos. Está soterrada na Coruña, no cemiterio de San Amaro.

A rúa podería ser o caleixón donde se atopa a súa casa natal, debido a que este carece de nome nestes momentos. De todos os xeitos estudiaremos a mellor ubicación posible.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com