|
Continúa a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica "Raínha Lupa S.C.G" medrando e creando novas actividades arredor da terra que a Consellería de Pesca quere dedicar á ampliación da piscifactoría da Stolt Sea Farm. Os veciños xa teñen demostrado abondo que prefiren trigo a rodaballo, e como novidade ofrecen agora un sistema de voluntariado semellante a un banco de tempo, moi de moda estes días na bisbarra. Así, xentes de todo o país achéganse á Quilmas a axudar no traballo as terras que preparan os veciños do lugar. Naceu así este proxecto chamado Quilmas Vivo, que xa foi galardoado co premio Osíxeno que entrega ADEGA, e que pretende recuperar a terra para os que a traballan. Que non son outros que os veciños do lugar, que a base de esforzo e ilusión loitan por manter libre de cemento o seu patrimonio, sacan de pico, pala e tractor, e xa contan con máis de 20 hectáreas preparadas para sementar. Xornadas de voluntariado Unha novedosa iniciativa acaba de sacar a cooperativa. Mediante un sistema de voluntariado, xentes de todo o país poden acodir á zona para botar unha man nas labores do campo. A semana pasada, o pasado xoves 19, xa foi un grupo de 11 voluntarios chegados de Santiago, a través de ADEGA, os que axudaron a plantar 200 maceiras e 45 pereiras. As activas visitas non quedaron aí e o sábado chegou outro grupo con xente de Betanzos, Lugo, Palas, Melide, Laracha. Por se fóra pouco o domingo tocoulle o turno a varias persoas de Arzúa, da Estrada, de Lugo e de Vigo, e as chamadas de todo o país xa resoan no teléfono de Xosé Manuel Casais, presidente da cooperativa, e de Lucía Ferreiro, secretaria e coordinadora. Os veciños vólcanse con estas xornadas e ademais de traballar o campo, preparan un xantar para os voluntarios, e ceden un local para quen queira poida quedar varios días no lugar, para empaparse de campo. Na imaxe podemos ver traballando á sementadora de trigo. Entre todos os grupos xa teñen plantado 4 hectáreas e media de trigo, 1 de centeo, ademais de ter a horta ata arriba de produtos, que se coles, coliflorer, remolachas, leitugas, escarolas, fresas, allos, cebolas... un sin fin de produtos. Aínda falta unha morea de cousas que sementar nas máis de 20 hectáreas que os veciños prepararon coas súas mans. Falta plantar 220 castaños, máis pereiras e cereixeiras. Ademais tamén están artellando a creación dun campo de espárragos, e mañá mesmo poranse a plantar as . Proxecto completo Tomamos como exemplo esta iniciativa, surxida dunha pequena aldea de 70 casas.Todo un proxecto, este do Quilmas Vivo, completo, íntegro, que abrangue toda unha serie de actividades que tratan de manter vivo o modo de vida tradicional galego. Ademais, saíndo de sentimentalismos, este proxecto conta cunha viabilidade económica moi forte. A Cooperativa pretende acabar sendo xeradora de emprego, para o que aínda precisará dun tempo, pero que de seguro sairá adiante. De feito, a cooperativa xa está a facer os seus contactos para comercializar os seus produtos. Na Coruña, xa contactaron cunha nova Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, para comezar a sacar os seus produtos a un colectivo moi preocupado por un consumo alternativo, respetuosos e sustentable, como son os produtos da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa. Novas relacionadas
|