Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

María Amelia fala por internet  Correo-e
domingo, 02 de septiembre do 2007

Image 

María Amelia López naceu en Muxía hai 95 anos, ou son 55? Ela mesma dise moderna e recorda: Ai, se tivera 15!!. I é que estamos ante a persoa máis maior do mundo que ten un blog, nin máis nin menos. O blog chámase a mis 95.

Xa de pequena era moi falangueira, e non paraba de protestar. Lembra, por exemplo, cando o pai lles regalou ás fillas un "babero" cunha frase a cada unha, e o dela puña: Come y calla. Tanto lle gusta, que a estas alturas xa quere falar co mundo enteiro.

Todo comezou un día cando o seu neto e máis ela estiveron a falar cun amigo que estaba en Sudamérica. María Amelia non o podía crer. Alí, vendo ao amigo polo aparato ese. Eu quero un plantoulle ao neto.Eu pensaba: pero si é que este aparato sabe todo o que pasa no mundo! I entón, eu que che son moi curiosa, xa lle dixen ao neto que tamén quería mercar un. E agora voi mercar un deses que no que non fai falla escribir, que lle falas e xa está.

Así, chegamos ao seu 95 cumpleanos, cando o neto regaloulle un blog. Unha libreta? Pero ti es un cutre!, respondeulle ao neto, que non sabía onde se metía.

Ela dicta e el teclea e ri encantado coas historias que lle conta. Miles de cartas de todo o mundo (alo menos 1000 chilenas, e doutros lugares tan exóticos como o Xapón ou algún país árabe que aínda non foron quen de averiguar) chegan pola rede e directamente a casa do neto, onde agora vive. Mesmo unha rusa veu ex proceso para entrevistarme. O neto cóntalle as felicitacións e escríbelle as respostas, pero dende o anonimato. Onde me metín! dipensa agora o neto con tanto trafego.

Yo soy mucho de los trabajadores

Falamos sen pelos na lingua de política e declárase abertamente republicana e socialista dende os 17 anos, cando escoitando que os traballadores cobraban tan só 2 pesetas, un tío contoulle que os socialistas miraban máis por eles que o resto. Iso sí, non ten nada contra a monarquía, e defende a bandeira "rojigualda", iso si, sen escudo monárquico.

Pero non quedou naqueles tempos, nin moito menos. Ela mesma saca o tema do nacionalismo sen lle preguntarmos. Sobriña-neta do mesmísimo Pondal, non se considera separatista, pero tilda de estupidez iso de non lle ensinar aos nenos o himno galego. Eu quero moito a España, pero en Galicia están as miñas raíces. Ademais, nos tiñan por tontos, cando aquí o temos todo: somos intelixentes, traballadores, temos un folclore precioso, temos pescados, mariscos, praias, montañas... temos de todo!. Encántalle Galicia e o galego, pero recorda os 32 anos que pasou en Corcubión ata antes de casar e ir para Coruña. Alí, a sua nai non lle deixaba falar en galego, nin sequera que se lle escapara algunha muletiña como ghalletiña. A nai rifaba con ela e repetía:galletiña, ques seica os señoritos de Corcubión eran moi finos por aqueles anos 40.

A min me gustan os pueblos, o mar, un ambiente máis familiar, comenta a pesar de ter pasado 69 anos na cidade herculina. Fala de Corcubión e de Muxía cunha tenrura encantadora, pero ponse nerviosa cando recorda, por exemplo, a desfeita de Quenxe: Dame medo que as casas aquelas caian enriba de min. E pon voz melancólica cun Canto sentín o do camping precioso aquel.

A María Amelia gustaríalle que as súas cinzas fose esparcidas preto da Pedra de Abalar, pero non tren présa ningunha. A verdade é que teño gañas de velo, pero tamén teño gañas de vivir así que espere un pouco, solta cunha gracia digna de ver. E así, teremos a María Amelia pola rede por moitos anos polo que parece, que aínda ten moito que dicir.

Moitas gracias María Amelia e por moitos anos. 

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com