Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte  Correo-e
miércoles, 25 de febrero do 2009

Image 

Xa pasaban das seis e media cando Xermán Martinez (a dereita), elegantemente vestido de época, deu o pistoletazo de saída ao entroido fisterrán, xa consagrado como o máis popular da Costa. A xente, dende hai tempo, se amontonaba ao redor da praza, bailando e cantando ao ritmo que algunhas das comparsas comezaban a marcar, quentando motores tentaban facerse co público dende o primeiro momento. Tamén escoitabamos as primeiras protestas pola falta de gradas, pois moitos xa sabían que non iban ver moito, terían que conformarse con escoitar.

Cada un toma o seu asento. Entran os políticos, preparadísimos para a que lles vai caer, con enormes chupetes e as caras pintadas de paiasos. A continuación, o xurado, quen esta noite xógase o pescozo, séntanse ben colocadiños no medio para poder ver e anotar as puntuacións nas súas libretas que xa lles teñen preparadas. Nesta ocasión pódense ver a:Image

  • Jesús Trillo do Correo gallego
  • Pepe Formoso de Radio Nordes
  • Rafael Lema do Diario de Bergantiños
  • Eduardo Eiroa da Voz de Galicia
  • Ubaldo Cerqueiro de www.quepasanacosta.com

As partes do concurso xa as sabe todo o mundo, primeiro, o discurso habitual do alcalde, quen preferiu deixar para as comparsas o tema da crise, da política e as pullas, estas "mellores que has da corporación".

Image

Xermán Martinez, a quen xa se lle notan as tablas nesto de presentar concursos, ameniza con chistes os tempos nos que as comparsas se preparan para a actuación. O primeiro turno é para os "Os cachondos de Dumbría" que fan a súa aparición a ritmo de "Dame Veneno", mostrando os seus traxes de sevillanas e galáns españois. Reclamando un carnaval como este para Dumbría e a golpe de música andaluza bromearon con Juan Boullosa e o alcalde J.M. Traba. A copla serviulles tamén para parodiar as eleccións municipais.

Image

Image

A seguinte actuación, semella que vai ser grande, en segundos montan un escenario que envexarían algúns platos de televisión. Dende logo unha posta en escena do máis orixinal, "A Galería", con argumento e todo: Un casting de superheroes para traballar no concello de Fisterra e para facer un obradoiro de Batuka. Non poden decir máis cando fan un paralelismo entre a organización do concello e a telebasura.

A través de varias actuacións, do máis dispares e coa participación de todo un abanico de superheroes, dedícanse a disparar contra todos os temas polémicos actuais do concello, no deixan títere con cabeza: as colas no centro de saúde, a falta de bandeiras azuis nas praias, a viaxe a Arxentina de Traba mentres se foi a luz en todo o concello, o furtivismo das mariscadoras, a moda das casas- hotel sen licencia e sen condición a máns de extranxeiros....non se salva da quema nin o equipo de futbol. Sckets, bailes, parodias, traxes, que rematou con fogos de artificio, un conxunto de funcións que non só fixo vibrar e rir ao público senon que ademáis demostrou como e posible seguir innovando no tema das comparsas con este espectáculo tan orixinal, que decidiu sustituir toda a corporativa municipal por estos superheróes, nomeando como alcalde a Diego Pablo Maradona.

Aunque se de postas de escena falamos, un dos momentos máis sorprendentes da noite foi a aparición do "Sétimo de cabalería de Ponteceso", quen nos transportaron por uns momentos aos campos de batalla de indios e vaqueros, con todos eses cabalos engalanados.

Image

A verdade, e que este ano non foi por xente, as comparsas se distinguiron por un gran número de participantes, cada vez ía en aumento, así se confirmou cando nos puximos a contar aquelas todas perrucas e gafas coloridas dos membros de "Prejaseiros sen fronteiras", quen con divertidas coreografías basadas no musical de Abba, quixeron mencionar os problemas coa estrada do faro, coa presidencia do pai de Traba nunha das comisións de festas e tamén algunha cousa se oíu sobre o tema da casa rural de Bullosa, quen según o que se dixo pode que nas municipais aún pero nas eleccións locais non ten nada que facer. A igrexa de Fisterra tamén tuvo o seu papel ao cuestionar a súa datación despois da remodelación, xa que o altar parece da época do carrefour.

Image

O festival estaba chegando ao final, e que mellor maneira que resaltar a tradición deste entroido. Aí estivo a actuación da última das comparsas, os "Madans e galáns" de Laxe, que tivo o papel de recordarnos como eran os antigos traxes do entroido de Traba de Laxe, que non do Traba de Fisterra, que se levan recuperando dende 1950, amenizados con o Cantar de Traba, o cantar da Taberna de Fisterra e varias coplas picantes. Unha función sempre importante a de transmitir que as cosas novas e orixinais que se veñen vendo todos os anos aqui non poderían ser sen a conservación desta festa durante tanto tempo.

Image

A festa remataba coa entrega de premios, onde xa o público deixa de ser todo un para cada un posicionarse por unha das comparsas. Este ano, debeu ser máis reñido, pois a elección da comparsa gañadora, "Os prejaseiros sen fronteiras", parece, polos berros que se oían, que tiña os seus defensores e os seus detractores. O premio do rei e a raiña do entroido, sen embargo, o levaron dous dos protagonistas da "Galería": Diego Pablo Maradona e Paula Iria Vázquez. E así, pouco a pouco todo se comezou a desmontar, a xente a dispersar, uns felices pola súa vitoria, outros descontentos cos seus postos, e outros simplemente disfrutando do ambiente. A todos eles esperemos, os volvamos a encontrar o ano que vén.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Rosaura Romo.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com