Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O IxBrens aúpanse ao poder no Entroido de Cee  Correo-e
miércoles, 25 de febrero do 2009

ImageImage

Outro dos entroidos máis singulares e que máis adeptos vai gañando ano tras ano é o Entroido de Cee. O pasado martes 24 de febreiro de 2009 celebouse o Concurso de Disfraces do Entroido, organizado pola Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee.

Dacordo coas bases, e contando como secretario, con voz pero sen voto, Mª Junquera Cambeiro Tarrela, concelleira de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, o xurado quedaba constituido polas seguintes personas:

  • D. Fernando Fraga Traba, director da Escola Municipal de Música de Cee.
  • D. José Manuel Ramos Lavandeira, redactor de El Correo Gallego na súa delegación da Costa da Morte.
  • D. José Ramón Rey Senra, encargado da Biblioteca Pública Municipal D. Francisco Mayán.

Image

Finalmente e logo dunha festiva xornada con milleiros de persoas arredor das vilas ceenses, o xurado emitíu o seguinte fallo:

Categoría de ComparsasImage

  • 1º premio (900 €): INDEPENDIENTES X BRENS (arriba).
  • 2º premio (750 €): OS BALLENEROS DE GURES (a primeira da dereita).
  • 3º premio (600 €): A TRIBU DE ALASKA DE AMEIXENDA (arriba).
  • Accesit (275 €): OS MIQUICUMPLES DE CEE (á dereita)
  • Accesit (275 €): AS BRINCADEIRAS DE MUROS.
  • Accesit (275 €): BUXANTES CALIDADE (abaixo).

Categoría de Grupos

  • 1º premio (270 €): OS PARRANDEIROS (DETRÁS DOS COLEIROS) DE VIMIANZO

Categoría por parellas

  • 1º premio (90€): PARELLA “OS BEBÉS”.

Categoría de CoplasImage

  • 1º premio (150 €): BUXANTES CALIDADE.
  • 2º premio (100 €): OS BALLENEROS DE GURES.
  • 3º premio (60 €): A TRIBU DE ALASKA.

Continúa a programación cultural en Cee

Pero non para a cultura no concello ceense. Este sábado 28 de febreiro será o Mago Román García o que continúe co programa Sábados en Familia, a partir das 19:00 no Salón de Actos do Concello.

ROMÁN GARCÍA: “LABIRINTO DE ILUSIÓNS”

Neste labirinto, os efecto máxicos están acompañados de historias surrealistas e cómicas nas que participa permanentemente o público.

Así, poderemos ver por primeira vez a Rufo, un mapache amaestrado capaz de lanzar lume pola boca e localizar a carta dun espectador. Celebraremos un xuízo popular para descubrir ó asasino de Lord Byron, mostraremos a precisión dun detector de mentiras de última xeneración e viaxaremos no tempo.

Tamén estará presente a fascinante maxia de preto, que o público poderá seguir a través dunha proxección en directo. O noso protagonista estará acompañado pola música e por dez axudantes, os seus dez dedos, que son como dez duendes máxicos que nos contarán historias imposibles de aparicións, transformacións e levitacións... Cando todo remate ninguén quererá saír deste labirinto de ilusións creado polo televisivo Román García

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee, da man de Víctor Castiñeira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com