|

O pasado domingo 22, dou comezo o entroido de Laxe cunha grande festa popular nacida da unión das asociacións deste concello. As xentes de Laxe elaboraron unhas festas nas o pobo formou parte activa na toma de decisións e na creación dunha estructura, que de seguro marcará un antes e un despois. Recuperouse así unha figura antiga como é "o Cayetano", unha personaxe libidinosa que honra o hedonismo reinante no espíritu da festa carnavalesca. Esta fin de semana coñeceremos a historia de Cayetano. Creouse arredor desta figura unha historia que lle dera forma a estructura sobre a que facer rodar o noso entroido. A organización agarda que de toda a información recuperada das costumes antigas, como as inventadas e creadas no presente, se poida crear unha amplia historia que marque o principio de unha forma de vivir esta festa. De tal xeito, no día de onte, o Cayetano foi nomeado alcalde (coa cesión do bastón de mando polo propio alcalde), dou o seu discurso inaugural e foi xulgado ao fin da festa na que as estrelas foron a xente do pobo que cos seus disfraces, cancións, comparsas e grupos amenizaron un gran día de festa como os que no verán se viven por estas terras. A cita do sábado 28 O vindeiro sábado 28 terá lugar a procesión das viudiñas, nas que estas acompañarán ao defunto entre cánticos simpáticos e picantóns para despedir a querida figura do Cayetano que se queimará nese día tras ser sentenciado a morte no día de onte ante o clamor popular. O entroido do pobo Cabe lembrar que ron as asociacións as que deron vida a este entroido. Estas son as que participaron na creación dun novo entroido en Laxe: - A.C.Maruxía (banda de música tradicional que abriron o desfile e tocaron na praza ao son das gaitas)
- ANAPA ESPRÍN (cun inventivo disfraz de calamar xuntaronse un enorme grupo que logo cantaronnos unha)
- Asociación de Amas de Casa (disfrazadas de Pescadoras recuperaron dúas antigas cancións do antigo Entroido local)
- Asociación O Tren da Unha (co seu show encima do escenario, deleitaron en unión coa A.C. Hot Club dun gran espectáculo musical)
- A.C. Hot Club (en unión a coñecidos amigos, subíronse ao escenario como os Cen-troles a tocar coñecidas cancións e preparáron unha comparsa cuns rechamantes disfraces de percebes)
- Alumn@s 4ºda E.S.O. (montaron un stand onde venderon refrescos e algo de comer para recaudar de cara a excursión de fin de curso)
- Asociación Valverde (cuns artesanais disfraces de monstruos da lagoa de Traba amenizando a tarde cunha actuación de baile folclórico)
- Asociación Cultura e Arte de Perú Machu Pichu (ata 30 persoas se xuntaron para ofrecernos os seus bailes tradicionais, vidos dende Vigo, dotaron dunha mezcla culural a festa)
- Galopín Parques Infantiles S.L. (presentando un fermosísimo carruaxe tirado por 4 cabaliños que doulle un toque glamuroso ao desfile portando ao novo alcalde Cayetano)
- A representación teatral do xuizo do Cayetano foi a cargo da empresa Dinamo Teatro.
Todas estas asociacións participaron activamente no Entroido así como moitas outras persoas que sen pertencer a asociacións participaron disfrazándose e bailando sen parar na festa popular. Ademáis estivo presente a axuda e colaboración da Policía Local, a Garda Civil e encomiable presencia da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Laxe, da man de Xabier García.
|