doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Buño enterra á Micaela  Correo-e
jueves, 26 de febrero do 2009

Image

Este sábado 28 de febreiro terá lugar en Buño o tradicional Enterro da Micaela, que marca o remate do Entroido. Será a partir das 16:00 h. da tarde cando dará comezo o percorrido a través das rúas do pobo, onde os asistentes visitarán todos e cada un dos bares do mesmo e celebrarán o conseguinte funeral polo eterno descanso da súa veciña.

Sen embargo as actividades comezarán xa pola mañá, con pasarrúas, e extenderanse ata altas horas da madrugada ca verbena amenizada a cargo de varios grupos musicais e que contará con fogos de artificio.

O Entroido deste ano presenta unha importante novidade na vila oleira, pois unha semana antes, concretamente o sábado 21, a Asociación Xuvenil Cultural ARAMIO organizouzse por primeira vez a que podería a versión infantil da Micaela: todos os rapaces puideron desfilar disfrazados polas rúas de Buño acompañando o percorrido da “Micaeliña”.

A festa rematará no baile de disfraces que está a preparar a citada asociación, que incluirá xogos, música e a degustación dos típicos postres do Entroido.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Xuvenil Cultural ARAMIO.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com