|
Época de eleccións e dende a radiONeria e o QPC aproveitamos para artellar 3 entrevistas cos políticos do concello de Corcubión. A entrevista partía con dous enfoques, un máis comarcal preguntando polas intencións do partido correspondente no que atinxe á Costa da Morte, e outra máis local, que ao final é o que máis nos interesa. As entrevistas pódense escoitar pola rede e soan nas ondas da radiONeria e Radio Roncudo ao longo da mañá e da tarde do venres (horarios). Falamos de todo un pouco, repasando os detalles máis singulares da actualidade comarcal e corcubionesa, como o PXOM, o cine vello, Quenxe ou esa tensión que se respira na corporación municipal. Precisamente sobre este punto quixemos facer fincapé o equipo da radiONeria, tentando rebaixar eses rencores e enemistades históricas que aínda reinan na política corcubionesa, por máis que os propios políticos se esforcen en agochalo. Repasaremos as nosas impresións de cada entrevista un por un, e comezamos con Gema Freire, voceira do Partido Pular de Corcubión e presente nas listas para a Deputación da Coruña. Unha Gema Freire moi segura de si mesma, convencidísma do seu "presidente Feijóo", e cos ánimos non moi axitados. Antes de comezar a entrevista, Gema chega acompañada da súa irmá Rocío, falando galego, e cambia ao castelán, a súa lingua materna, cando comeza a entrevista para estar máis segura. Na entrevista participaron Adrián Leira, ao carón da Gema, Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro. Repaso á última lexislatura A entrevista comeza cun repaso polos 4 anos de goberno bipartito. Gema non dubida e as respostas son claras. "Eu o que creo non se fixo nada, e aí estamos para velo, na Costa da Morte. Falaron da supresión de peaxe e de outras moitas cousas pero tan só chegaron primeiras pedras. (..) Cada un puxo a súa sardiña na súá ascua". Ademais, Gema criticou duramente a política favoritista de Touriño para cos concellos gobernados polo seu partido. Pola contra puxo o exemplo do bo desenvolvemento de Corcubión nos anos 80 e 90 coa Xunta no poder e Mouzo no concello, corcubionés, demostrando así o respeto e o pouco partidismo do PP. "O PP nunca discriminou a ninguén. Mi presidente será o presidente de toda Galicia". Modelo económico do PP para a bisbarra Unha das partes clave da entrevista era a idea de por onde queremos levar o noso desenvolvemento económico. De arriba a abaixo e ningún dos 3 foron quen de responder claramente, levándonos polos clásicos rodeos. Gema foi bastante directa. Falou claramente destacando a aposta polos parques industrias, e pola creación de postos directos, como pode ser a construción, e non sería unha rede wifi para o concello, que "só daría 10 postos de traballo durante 6 meses". Infraestruturas Sobre todo, pensa que as necesidades de infraestruturas e destaca que Feijóo ten o compromiso de realizar a Autovía a Santiago. Falou igual do Transporte público, apuntando da necesidade do servizo intracomarcal, do que dixo que poderíase mancomunar. Pero sobre todo, Gema fixo fincapé na necesidade de librarnos dos localismos. Política de Corcubión Os temas locais foron os máis caldeados, ao igual que no resto das entrevistas. Primeiro destacou que o "presidente Feijóo" traería para Corcubión "unha residencia, non unha mini", unha Escola de Hostelería, e que se preocuparía de apurar a construción da VAC, a creación da autovía a Santiago, e o porto de Brens e o porto deportivo. Cine vello Un boa roto discutiuse sobre o solar do cine vello de Corcubión. Gema ten clara a súa idea. Gema fixo un repaso histórico do tema, con datas e todo, pero a idea fundamental para ela, é que se permitíu nos últimos 20 anos falar e opinar dunha parcela que é privada. Ademais, non comprende como a partir do 2003 o solar se convirte en tema político. Rexeneración da praia e Quenxe Outros dous temas relevantes non pasaron desapercibidos. Sobre Quenxe, Gema pensa que hai que rematalo. "O desastre xa está feito, pero habería que rematar as obras que están a medias". Da praia apunta que a zona central nunca foi zona de baño, pero ao igual que o BNG, se nos centramos na zona de Santa Isabel, debaixo do hotel EL Hórreo, non lle parecería mal. Tensión. Ao igual que os outros 3 compoñentes da corporación, ao preguntarmos pola tensión que se vive nos plenos, e que se extende á vida cotiá, Gema respondeu que xa chegamos tarde, que fóra moito peor hai anos. Sinceiramente non nos pareceu resposta ningunha das 3, e a redacción deste diario, que dalgún modo levamos poucos anos na vila corcubionesa, non nos parece normal que temas persoais salten e ocupen máis tempo dos plenos que os propios puntos da orde do día, deixando sen efecto a rolda de rogos e preguntas. Gema falaba das famosas cartas que recibíu cando estaba no poder, cartas amenazantes. Falou tamén da xente que non lle saúda pola rúa, e dos dimes e diretes que se mascan na vila de San Marcos. Unha vila particular e nas que se "mesturan as churras coas meninas". Pero non terían tamén que rebaixar o ton os nosos políticos para dar exemplo ao pobo? Aquí podedes escoitar as 3 entrevistas: Lembren que poden escoitar a radiONeira por internet a través do seu blog radioneria.blogpost.com, ademais do boletín de novas diario e doutros programas. Máis información Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Blog da radiONeria.
- Corme.net.
|