Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cayetano, o enterro do presidente  Correo-e
sábado, 28 de febrero do 2009

Image

A pasada fin de semana celebrábase o Entroido de Laxe, no que o mesmísimo Carracedo cedía o bastón do poder a Cayetano, novo alcalde da vila. Un intento, conseguido, de recuperar un personaxe histórico do entroido da Costa da Morte, gracias, sobre todo, ao esforzo de todas as asociacións do concello.

O enterro de Cayetano

Non acabaron aí as actividades arredor da figura e hoxe, sábado 28 terá lugar o seu enterro. Tras o cambio na forma de afrontar o carnaval local e o éxito acadado, o concello cerrará o capítulo que conforma a historia que envolve a este personaxe que se erixe en representante do entroido laxense. Para esto, vóltase a contar coa participación das asociacións locais para recrear no sábado 28 o seu enterro.

As 17:00h dará comezo diante do Casa do Concello este teatro do pobo, onde todo asistente poderá ser ao mesmo tempo espectador e actor dunha obra teatral que terá por principais actores a xente de pobo, que encarnará ó obispo, cura, monaguiño, viudas, etc. Este espectáculo participativo e cómico-festivo comezará as 17h co velatorio oficioso do corpo do defunto Cayetano, morto tras o seu enxuizamento o pasado domingo.Image

Poderase velar diante do Concello, estando na escalinata da mesma entrada o seu defunto corpo presente. Tras o tempo pertinente no que as viudas permitan o levantamento do féretro, iste se trasladará en santa procesión camiño da praza Ramón Juega, onde terá lugar os oficios comico-burlescos do pobre Cayetano, sobre as 18h. Estes serán a cargo da comitiva de viudiñas formada polas tristes e voluntarias mulleres do pobo que recitarán picaróns versos na sua honra.

Ao cargo do oficio estará o obispo Florentino (personaxe que encarnará unha antiga participante desta comitiva carnavalesca, Flora) quen dará o pregón que condenará definitivamente a Cayetano ó crematorio. De novo poñerase en pé o xentío e a comitiva acompañará o féretro cara a lindeira praia, onde terá lugar a incineración do Cayetano, dando por finalizado o entroido coa sua queima. Ainda que a música soará na praza para aqueles que queiran bailar o seu recordo.

A banda de gaitas Maruxía presidirá todo o acto, e coa súa música acompañarán a comitiva dende o concello ata a praza Ramón Juega, e logo deika a súa queima.

Recuperando a historia de Cayetano

Recuperamos así unha figura cultural de inmenso valor para a bisbarra. E para situarnos, recibimos da man de Xabier García, traballador do concello laxense, a historia completa de Cayetano, a quen votaríamos sen dubidalo se se puidese presentar ás autonómicas.

Historia de Cayetano

Nun día soleado de finais do S.XIX, agardábase en Laxe a algarabía coa que o domingo de carnaval engalanaba o espírito. Estaba a praza Ramón Juega repleta de mariñeiros, carpinteiros, taberneiros, saladores, gandeiros, agricultores e demáis xente do pobo; que agardaba a chegada dos nobres coa comparsa, os cabezudos e as súas fantasiosas vestimentas. Mentres, orellas, filloas e viño acompañaban as risas de maiores que sobre a robusta pedra observaban, non sen certa envexa, a fantasía coa que os nenos xogaban na praia con aqueles catro remendos cos que se crían feroces animais, deuses e estravagantes seres máxicos.

Unha coñecida e cantarina voz resoou polo túnel da Casa do Arco, era Cayetano, home cercano aos 40 anos ben coñecido en Laxe como un alegre vividor, fillo bastardo do Conde de Altamira, que nunha furtiva visita abandoou toda a suposta nobreza engaiolado pola fermosura dunha xoven filla de mariñeiros, que dende aquela fora mantida con regalos, que de cando en vez chegaban con sinalada discreción a súa recoñecida e consabida amante.

Pola calle Real oíase un apisonador retumbar, compás da alegre e coñecida melodía que algún pescador dou en acompañar. Todos ficaban a mirar e vírono chegar alegre de viño, e traendo a rolos unha barrica que viña freándose polas tamborileiras pernas do Cayetano. Con espíritu alegre dou en ficar coa barrica en medio da praza e ofrecer a todos viño de balde ... entre a sorpresa e os vítores pronto se achegaron alegres homes que levantaron aquela barrica de roble extremeño, duns 220 litros a que pouco menos de 100 lle quedaba, que pronto ofreceu a vista un cuño rasgado por un coitelo no que podía interpretarse a cachola dun negro lobo.

Posto a barrica en pé, levantaron ó Cayetano enriba del e nun escaso balbuceo diste, xa tiñan o difusor posto e enchían vasos que entre sorbos iban enarqueando as cellas dos homes que nunca tan bo viño levaran a boca; e ledos sentaron na praza entorno ao Cayetano que so-barrica invitaba xirándose en redonde a tódalas mulleres a acompañar aos homes no disfrute daquel viño, e lozanas estas arreboláronse taza en man a carón dos homes a escoitar na compaña do mar e das risotadas dos nenos pola praia ó Cayetano laiándose, encima daquela barrica, da escravitude a que se sometía a xente por propia vontade desta.

Rachando xerarquíasImage

Faláballes de que debían recuperar a concepción do mundo, de abolir as regras xerárquicas, de sentirse libres aínda que só foxe por un día e disfrutar dos praceres da vida ... ofrendar ao mundo o hedonísmo propio daquel día e recuperar a consonancia biolóxica, cósmica e humana eliminando as ataduras sociais e a soga relixiosa.

Vítores e aplausos foi a orquesta que recibio a xente pudente, que apareceron enmascarados e con relucentes traxes bendecidos pola censura dun cura que ao chegar fixo calar a comparsa roxo de ira polos pitidos que aquelas heréticas palabras producían nos seus oídos ... mais foi ó cura a quen calaron e aínda o hábito lle quitaron para disfrazarse algún de eclesiástico, o que provocou a fuxida do cura e algúns “nobres” e as risas da xente e ata da familia Moscoso que se uneu a festa, pois aquela barrica de viño abrio os ollos a máis de un, e a alcurnia dos Moscos por entón estaba en decadencia, ata dicían algúns que a Caso do Arco tiñan en venta.

O pobo ebrio de alegría levou en hombros ao Cayetano ata a Casa Consistorial, onde non dubidaron en entronalo Alcalde por absoluta maioría e mesmo as mulleres, pouco acostumadas ao viño, quiseron que se aprovase o seu nomeamento como César da vila de Laxe. Suxeito o Cayetano por dous homes a balconada da Casa Consistorial, informou ao bullicio de Ramón Juega que como novo Alcalde decretaba que a súa casa foran 7 homes, pois outras dúas barricas se haberían de traer!!!

Non recorda a vila de Laxe festa como aquela, na que os homes vestíronse de mulleres, aquelas coas roupas dos homes, gandeiros embotados na roupa dos nobres e nobres aparentando agricultores ... todos cantaron, riron e beberon sen desacougo en toda a tarde. Boa honra fixeron dos praceres da vida naquel día, quero eu que os Deuses habrían de quedar contentos pois dalí a 9 meses moitos fillos naceron e ningún co seu pai tiña parecido.

O cura e a fin da festa

Mais o fin de festa habería de despexar a máis dun da súa ebria felicidade, pois entrada a noite presentouse o cura, o verdadeiro e con novo hábito compre dicir. Viña roxo de ira e en compañía daqueles estoicos que o pracer rexeitaban como un mal comportamento que coa morte e sangue habería de educarse ... mira ti que relixiosos pensamentos.

Chegada a censura co cura e a fuxida burguesía catalana que o acompañaba, entre eles o antigo alcalde Domenche, non tiveron grande resistencia en apresar ao Cayetano e enre relampagueantes latigazos poñer ao bagazo humán a rentes dun improvisado xuizo que nese mesmo intre na praza Ramón Juega se realizou.

Algúns quixeron protestar porque ó santísimo Cayetano se lle tratara como Alcalde que era, pois estaba firmado polo señor Moscoso o seu irrefutable título de César da vila de Laxe por inmensa maioría. De nada valeron as valentes evidencias que o pobo refutaba, abogando contra a fiscalía o seu bo corazón e as súas grandes intencións tan pouco comprendidas. Máis o fiscal amparandose na “xusta” lei de reprender aos revolucionarios que quixeran encamiñar a xente a un disfrute contrario aos intereses capitalistas e peor ainda sendo na figura dun “alcalde”, polo que o pobo foi mero espectador ante aquel inxusto xuizo que a morte sentenciou ao Cayetano... aquelas palabras trouxeron un cantar miudiño, miudiño, miudiño que lastimeiro non daba crédito e votaban a culpa ó viño e non ó bo do pobriño Cayetano. Ninguén tiña forzas coma para deter a morte e incineración na lindeira praia onde antes xogueteaba a inocencia e fantasía dos cativos.

Homenaxe Image

Dende entón e para honrar a memoria do ilustre Cayetano, un irmán de Pondal que fora ben amigo do morto Deus, propuxo que este sería moi feliz aló no ceo, onde sen dúbida debía estar rexindo un importante e xuizoso cargo, se tódolos anos se celebrase o Carnaval na su honra. Coñecido o seu gusto pola festa, os praceres e as bromas decidíose que aquel día, entrada a noitiña, se acabaría a festa do Carnaval coa queima dun monicreque que o representara e que eternamente levaría as culpas das ganas agochadas de disfrutar dos praceres da vida sen regras nen xerarquías, alo menos por un día, o seu día.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Laxe, da man de Xabier García.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com