Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O pobo de Laxe enterra ao Cayetano  Correo-e
domingo, 01 de marzo do 2009

ImageImage

Vaia éxito a recuperación da historia de Cayetano na vila de Laxe. Por primeiro ano, concello e asociacións man a man, de aí o éxito da festa, recuperaron unha figura que aló polos anos 60 e 70 fora mítica na vila.

Cayetano, de sangue nobre e vida profana, dera coa clave para que o pobo o levase á alcaldía (ata o propio Antón Carracedo cedialle o bastón), pero aí estaba o cura, Xabier García baixo o hábito, para sentencialo. Este sábado o pobo celebraba o enterro do Cayetano, cunha procesión do séquito das súas "viuditas", de todas as idades, non tiña coidado este Cayetano, que choraban e choraban polas rúas laxenses.

A procesión chegou á Praza, onde o Bispo Celestino dixo unhas palabras, acompañadas por pullas das súas viuvas. Unha vez completado o funeral, todos á praia a ver a cremación. Todo un completo espectáculo, que rematou ata altas hroas da tarde bailando e bailando na praza.

Image

Unha historia recén recuperada polas xentes de Laxe

Unha historia recén recuperada gracias a varias das mulleres das asociacións que lle contaron todos os seus saberes a Xabier García. A partir de aí, e cun pouco de novela, a historia queda feita, para que de hoxe en 5 anos, cheguen visitantes de todo o mundo para velo.

Moi boa espectación en todo o pobo, sobre todo gracias e que foi o mesmo pobo o que organizou a festa. Aí estiveron Xabier García e Cristina Vázquez, responsables de Cultura do Concello, que basearon a festa na involucración das asociacións. Deste xeito, a festa xa era do pobo, e así é como as festas fanse festas de verdade.

Image Image

Destacamos así a participación das asociacións A.C.Maruxía (a banda de música que amenizou o enterro co propio alcalde ao bombo, vémolo á esquerda da foto da dereita), ANAPA ESPRÍN, Asociación de Amas de Casa, Asociación O Tren da Unha, A.C. Hot Club, Alumn@s 4ºda E.S.O., Asociación Valverde, Asociación Cultura e Arte de Perú Machu Pichu.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com