Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Chisco: "Non hai rencor, hai intereses políticos"  Correo-e
miércoles, 04 de marzo do 2009

Recuperamos a entrevista realizada pola Radio Neria e o equipo de QPC ao alcalde corcubionés Francisco Lema, Chisco, co gallo das Eleccións Autonómicas do pasado 1 de marzo, cun resultado pouco positivo para o seu partido, o PSdG-PSOE. Obviamos a primeira parte da entrevista, que estaba enfocada ás mesmas eleccións, pero centramos este resumo na parte que atinxe ao concello de Corcubión, xa que hai moitas cousas que destacar.

Un alcalde que estes días salta á voz pública para protestar polo traslado do Cuartel da Garda Civil, chegando a asegurar que dimitirá se se leva a cabo, e acusando ao ente estatal de "faltar ao respeto á entidade municipal". Pero son outras moitas cousas as que repasaremos da entrevista, desta volta realizada por Xabier Calaza e Ubaldo Cerqueiro.

Da bisbarraImage

Saíron a escena primeiramente sobre os problemas da bisbarra. Para Chisco a Costa da Morte non debe centrarse puramente no turismo ou na industria. Habería que compaxinar esforzos e potencialidades, como pode ser "a pesca artesanal coa pesca intensiva (acuicultura) para preservar o noso mar".

Outro dos meirandes problemas da bisbarra é o Transporte Público. Chisco aposta polas entidades, xa sexan a Neria (que xa denunciou a Monbús), ou a Mancomunidade de Fisterra, GDR... Pero por non protestan tamén dende os concellos?.

PXOM

A necesidade de artellar o Plan Xeral de Ordenación Municipal é clave non só no concello corcubionés senón en toda a bisbarra. Chisco asegura que se trata dun tema clave, e afirma que "o plan leva 4 anos en redacción, e avisamos 6 ou 7 veces á oposición, todas sen resposta".

Ademais impera poñerse mans a obra, xa que caduca en breve unha subvención do 100% para comezar co primeiro trámite.

Cine Vello

Continuando co urbanismo do concello, imos ata outro dos puntos quentes: o solar do cine vello. Un cine vello sobre o que hai que resaltar que é unha familia a que está detrás da polémica, á que para nada queremos perxudicar.

Respasou a culpabilidade da reforma da ficha, que calificou de "irresponsablidade". Volve nomear á empresa Consultora Galega, da que afirma que soe ser "bastante respetuosa". Ante esta disxuntiva, Chisco pregúntase: "Influíu do goberno municipal na Consultora Galega para permitir esta edificabilidade?"

Chisco quixo aclarar que "o concello non cambiou de opinión, só que houbo dúas fases". A primeira fase partía cun recurso contencioso contra a obra proposta polos particulares. A ficha obrigaba a construir deixando 4 soportais, non 2 como prantexaba o proxecto, que ademais incluía 12 vivendas cando o permitido eran 8. A familia decidíu variar o proxecto e o concello pensaba naquel entonces, que se o proxecto se adecuaba á ficha, que lle darían a licencia.

Os trámites duraron varios anos, ata que xa estaba a coalición BNG-PP no poder. Unha coalición que comezaba a negociar un trueque coa familia, e o PSdG-PSOE comeza a decatarse de que o solar é de "interese xeral para Corcubión" cando comeza a idea da reforma integral da praza.

Sobre a reforma da praza, hai un punto de acordo entre PSdG-PSOE e BNG, e a proposta do BNG de propoñer un concurso de ideas entre estudiantes da Facultade de Arquitectura da Coruña, parécelle un bo camiño ao alcalde corcubionés.

Aí é cando o grupo de goberno comeza a negociar. Partindo dun "valor residual dun informe técnico", o concello propón levar a edificabilidade desta ficha a outra parcela da familia, nun solar da Avda da Constitución. Non había problemas por parte de Patrimonio pero a familia non aceptou e puxo unha cifra, para o concello "desorbitante". "Eu evite a expropiación en todo momento", comenta Chisco.

Sobre o futuro, polo de agora o contencioso continúa, xa que o proxecto continúa incumprindo varios detalles da ficha. Para Chisco, "hai que conseguir modificar puntualmente a ficha para rebaixar a edificabilidade declarar a parcela de interese común, para deixala a finalidade com dotacional para cando decidamos a reforma da praza".

Así o alcalde dá 3 razóns para reformar a "ambigua" ficha urbanística:

  • "Os donos non poden actuar na finca polo contencioso aberto";
  • "No casco histórico non se poden tirar edificios, só non se pode cando están catalogados e este non o estaba";
  • "O movemento veciñal quere que a praza sexa pública".

QuenxeImage

Malia que non era a intención de facer un extenso repaso histórico á desfeita de Quenxe, pero Chisco volveu aos seus "días de pequeno" e non dubida en dicir que "nos escandaliza". Foi o paso da reforma das fichas que permitían tan só vivendas unifamiliares, deixando paso á construción de endosados, baixo a revisión da empresa Consultora Galega.

Ante isto, Chisco non só apunta á antiga corporación do BNG coma a culpable, senón que sinala que a "ambigüidade das normas subsidiarias favorece á masificación, xa que se permiten máis dereitos ás promocións que ás vivendas unifamiliares".

Por suposto, saíu a escena o "muro das lamentacións", esa obra que utiliza unha típica trampa de construtor, ante as que a lei aínda non ten xeito, ou non quere, actuar. "Se o deslinde marca unha altura de 8 metros sobre o punto máis desfavorable, a promotora colle, iguala o terreo , e así pode subir 2 metros máis", explica o alcalde.

Analizando a solución para as obras paradas, se Gema apunta que hai que rematalas como sexa, Chisco non o ten tan claro. "A solución é complicada. A necesidade do PXOM é básica pero hai que ter coidado, porque se abres as normas para que rematen unhas obras, poderían aproveitarse outros", e seguir tirando para arriba. Iso, si o concello "intentará que non vaia a máis".

FEIL

Sobre o Fondo Estatal de Investimento Local, tamén houbo polémica, para variar. Afirma o alcalde que o o Asilo tamén é unha prioridade para o grupo de goberno, pero que non se puido incluir no FEIL porque xa hai unha subvención pedida, e unha das características dos proxectos do FEIL é que teñen que ser de nova factura. Continuará loitando para devolver o asilo ao seu sitio.

Chisco, ao ver que xa se actúa no casco histórico, por medio do recén renovado Plan De Rehabilitación do Casco Histórico. Así pensa en rúas das aforas, como son a Fleming, a subida ao cuartel, o outra subida na zona do Hotel El Hórreo.

Tamén hai solicitada unha fase de axardinamento e adecentamento para o centro corcubionés. Outro dos proxectos é a colocación de varandas de seguridade nunha parte do paseo marítimo.

O que máis nos gusta a nós, que nos dedicamos a isto e vemos unha potencialidade enorme que outros non vén, é a instalación da rede Wifi, que permitirá a conexión a internet sen fíos ás casas do centro urbán corcubionés.

Rexeración da praia

Chisco continúa pensando na praia central de Corcubión. "É un obxectivo para esta corporación", afirma. Igualmente Chisco non entende como para a oposición si vale un proxecto que se centrara na zona de Santa Isabel (debaixo do Hotel El Hórreo) e non o completo, e se prantexa se as razóns que aporta a oposición son congruentes con isto. 

Comparou o proceso co de Cee, que comezaron á par e o concello veciño "simplemente o levou a cabo, e aí está". Chisco está convencido de que o pobo utilizará o areal, "xa o utilizan agora que non hai praia, alí na zona de El Hórreo...".

Tensión nos plenos

"Non hai rencor político, hai intereses políticos", esta é a reflexión que fai Chisco ante a dúbida que prantexaban os colaboradores da radio, sobre se se rebaixaríá a tensión nos plenos e na actividade política diaria. Unha dúbida moi importante, e sobre a que se discutíu un bo rato. Para os entrevistadores, a tensión en cada pleno, onde se chegan aos insultos persoais pero nunca se chega ao tempo de rogos e preguntas.

Este feito provoca a xente acabe "confundindo churras con merinas", como aseguraba Gema, e non saúde pola rúa. Ou o que é moito máis grave, provova que a vila viva completamente separada en dous bandos: os Montescos e os Capuletos.

Chisco afirma que a tensión xa se rebaixou moito nos últtimos anos, e agarda que continúe este proceso.

Espectativas para a radiONeriaImage

Non deixa de ser a radio municipal de Corcubión, malia que o concello non poida asumir os gastos e que o alcalde intente involucrar á Mancomunidade de Fisterra no mantemento da radiONeria e a recuperación da Radio Fisterra.

Así e todo, o concello está respondendo ás demandas do activo grupo de colaboradores, que chegan de Cee, Fisterra, ou Carnota, ademais dende a propia vila de San Marcos.

Aquí podedes escoitar as 3 entrevistas:

Lembren que poden escoitar a radiONeira por internet a través do seu blog radioneria.blogpost.com, ademais do boletín de novas diario e doutros programas.

Máis información

As outras entrevistas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Blog da radiONeria.
  • Corme.net.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com