|
Dous traballadores caen ao mar en Malpica |
Correo-e
|
|
miércoles, 04 de marzo do 2009 |
|

Anunciaron dende Protección Civil da Alerta laranxa e da necesidade de manterse alonxados de lugares perigosos como peiraos. Pero semella que os que máis coidado debden ter, os propios traballadores, non toman, por iniciativa propia ou imposición da patronal, os debidos coidados. O caso é que acaba de producirse un novo accidente laboral, que pode ter consecuencias graves. Arredor das 9:00 da mañá, un par de traballadores caían ao mar arrastrados por unha forte ola. Ambos traballadores son de nacionalidade portuguesa, sendo ademais pai e fillo. Un deles, o fillo, xa foi rescatado e trasladado con síntomas de hipotermia ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). Ambos realizaban labores de encofrado na punta do espigón do peirao. Continúan os traballos de recuperación do segundo individuo, pero a forza do mar impide levar o proceso de busca con boas espectativas. O propio alcalde, J.R. Varela Rey, recoñecía que é practicamente imposible recuperar o corpo con vida, dadas as circunstancias do mar. Os propios buzos que buscan o corpo son "pesimistas". Novas relacionadas Fonte
|