|

Xa saen as primeiras protestas pola recuperación do proxecto da macro-piscifactoría de Touriñán. Se ben é certo que a veciñanza estaba dacordo co proxecto, eran outros tempos e as lendas dos numerosos postos de traballo aínda colaban. A información nestes anos é moito maiorr entre os veciños da Costa e proba delo foron as reaccións ante os proxectos de Quilmas, Camelle, Arou, Seiruga ou Merexo. As voces discordantes chegan por exemplo de El País, oudalgunha columna de opinión de outros xornais, coma Luis Pousa no Correo Gallego, quen afirma que Touriñán é algo más que toxo e prado. Tamén protesta o colectivo ecoloxista ADEGA, para o que a recuperación do proxecto é un "grave atentado contra o patrimonio ambiental". Tampouco entende ADEGA que esta planta váiase levar a escasos metros da costa, mentres que a granxa que despregou Pescanova en Mina, Portugal, mantén os 500 metros para respetar a Rede Natura. ADEGA, que xa rexeitaba fortemente o “Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria”, aprobado no último Consello da Xunta do anterior goberno do PP, apunta que o conitnuo interese e a presión da empresa Pescanova para rendibilizar a compra dos terreos (3 millóns de metros cadrados son propiedade xa de Pescanova), calificados como Lugar de Interese Común (LIC-Costa da Morte), é fundamental para que o novo goberno retome o proxecto. Alberto Blanco, líder do PP de Muxía, falou xa de números, cunha desorbitante cifra de 450 postos de traballo. Analizaremos os postos reais que crea a planta. Nós unímonos a este rexeitamento frontal, dun macro-proxecto nunha das paraxes máis singulares e representativas da Costa da Morte e do país: un dos máis de 20 cabos da costa galega, sendo ademais o punto máis occidental da Europa Continental.  Non hai máis que pasar pola desfeita do "Cabo Villano" (como indica o parque eólico), no que os viraventos (tamén amenazantes en Touriñán) e as piscinas fúndense ata o mesmo Cabo (vemos á dereita), noutra das nosas máis preciadas paraxes. Novas relacionadas Últimas novidades sobre as piscifactorías da Costa Fonte
|