|
Denuncian a falta de seguridade laboral tralo suceso de Malpica |
Correo-e
|
|
viernes, 06 de marzo do 2009 |
|

Chégannos estas imaxes de Marcos Rodríguez do temporal de Malpica, e realmente nos prantexamos como foi posible que os dous operarios estiveran traballando no peirao malpicán o pasado mércores en pleno temporal. Xa chegan as primeiras voces críticas sobre o ocorrido. Lembramos que pai e fillo, de nacionalidade portuguesa, traballaban en labores de encofrado no peirao en pleno temporal. Ambos eran arrastrados ao mar por unha ola, poidéndose salvar o fillo, mentres que o pai aínda segue desaparecido. Onte era o secretario comarcal de CCOO, José Lado Lestón, o que calificaba de "lamentable" que non se tomen medidas para previr accidentes coma este e criticou directamente á "deixadez e a desidia" da empresa implicada. Continuamos incumprindo día tras día a Ley de prevención de riscos laborais, polo que Lestón solicita a intervención da Fiscalía para penalizar aos responsables. Novidades O fillo, que foi rescatado unha hora despois do suceso e trasladado con fortes síntomas de hipotermia ao Hospiptal da Coruña, xa foi dado de alta. Pero as operacións de rescato do pai tiveron que ser suspendidas ao longo da noite polas malas condiciones metereolóxicas. Hoxe continúan co helicóptero Helimer 210 e demais efectivos. O alcalde xa apuntaba da imposibilidade de recuperar con vida ao operario, e os efectivos de busca xa miran polas praias de arredor. Novas relacionadas Fonte
|