Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O devir dun concello en 3 minutos  Correo-e
lunes, 09 de marzo do 2009

Novo pleno en Dumbría, e cada vez, máis rápido. 3 minutos bastan para decidir a orde do día, rogos e preguntas no incluídas. O pleno tivo lugar o pasado venres 6 de marzo, cando, segundo denuncia o voceiro do PP, Ramiro Iglesias, o alcalde José Manuel Pequeño non o deixou expoñer as súas cuestión cando era hora dos rogos e preguntas.

Ramiro explicáballe a Susana Alvite na Radio Nordés, que quería realizar varias preguntas sobre a rede de sumidoiros nas parroquias, algo olvidado dende sempre no concello, e polas relación entre o alcalde e varias empresas da zona. Ramiro non puido realizar as súas preguntas xa o alcalde pechou a sesión "deixandome coa palabra na boca", en palabras de Ramiro. "Eu me pregunto: a que vamos aos plenos?", reflexiona Ramiro.

Empresas ilegaisImage

Para Ramiro, a empresa na que traballa o fillo do alcalde, Icegas Pereira, e outras empresas que se levan a meirande parte das obras públicas do concello, Andújar e Lires, non contan con permiso, teñen naves ilegais polas que ademais non pagan imposto algún.

O estado de dereito resolverá

Ramiro Iglesias leva moito tempo denunciando a falta de democracia do concello dumbriés, ao que considera un dos máis caciquís do país. Neste senso, Ramiro chega a comparar o concello con Coslada e, afirma ter a información necesaria para demostralo.

O voceiro do PP afirma que "non será o PP o que faga pagar ao alcalde, senón que será o mesmo "estado de dereito" o que pase factura á política de Pequeño". Isto o apunta porque pensa que teñen que acabar os tempos en que "os veciños estean oprimidos", asegurando que cando vai de paseo polo concello "para falar o alcalde hai que mirar para os lados e asegurarse que non hai ninguén".

Novas relacionadas

Fonte

  • Radio Nordés.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com