|
Continúan as labores de búsqueda do operario que caía ao mar o pasado mércores 4 de marzo, arrastrado por unha ola no porto de Malpica. O seu fillo, tamén de nacionalidade portuguesa, foi rescatado o mesmo día do suceso, pero o corpo do pai aínda non foi atopado. As posibilidades de que estea vivo son mínimas, segundo asegura Salvamento Marítimo. É CCOO a que salta de novo á voz pública para protestar pola situación na que traballaban ambos operarios no peirao malpicán un día en pleno temporal. CCOO quere que se depuren as responsabilidades no caso. Se ben e desgraciadamente non é a primeira vez que morre un traballador nestas circunstancias no país, é necesario que a empresa contratante, Barderas, recoñeza o seu erro, pois segundo CCOO afirma que a empresa tiña información suficiente como para saber que non se podería traballar. Nota de prensa de CCOO A FEDERACIÓN GALEGA DE CONSTRUCIÓN, MADEIRA E AFÍNS DE CCOO ESIXE RESPONSABILIDADES POR MOR DO ACCIDENTE EN MALPICA A Federación Galega da Construción, Madeira e Afíns de CC.OO. (FECOMA-CC.OO GALICIA), ante o accidente de dous traballadores portugueses, un dos cales atópase a día de hoxe desaparecido no mar (David Nunes) no porto de Malpica o pasado mércores día 14, queremos manifestar o seguinte: Que desgraciadamente non é a primeira vez que morre un traballador da construcción nestas circunstancias en Galicia. En Febreiro do ano 2006 morreron dous traballadores nas obras do porto exterior de A Coruña ó ser arrastrados pola oleaxe causadapor un temporal. Este accidente tivo serias consecuencias sobre o desenrolo do proxecto, xa que a Inspección de Traballo ordeou a paralización dos traballos ata que se presentase un novo plan de seguridade. Para os técnicos da Administración, a normativa que se empreñaba ata entón non facía referencia ós riscos derivados da acción do mar; dita inclusión esixiuse ás constructoras para poder reiniciar a actividade. O Porto, naquel momento, admitiu que o sistema de predicción meteoroloxica empregada nas obras fallara. No accidente de Malpica, a empresa Barderas tiña contratada esta predicción meteorológica a unha empresa privada que tiña que ser contrastada co informe de meteorología oficial. Tamén existe información que subministran as boias que miden os trens de ondas para alertar da forte oleaxe á autoridade portuaria. Por todo isto, dende FECOMA-CCOO Galicia, pensamos que o día do accidente, a empresa que realizaba o traballo e Portos de Galicia, dispoñían de información suficiente para tomar a decisión de paralizar o traballo e dar a orde da retirada do persoal antes de que un golpe de mar levara ó obreiro no porto de Malpica. Ante todo isto, FECOMA-CCOO Galicia, esixe que se depuren responsabilidades mediante unha investigación o máis rigurosa posible para que este feito non se volva a repetir. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa de José Manuel Brea Méndez, Secretario de Comunicación e Acción Sindical de CCOO.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|