|
Presentado o proxecto hostaleiro para Caneliñas |
Correo-e
|
|
miércoles, 11 de marzo do 2009 |
|

Non bromeaba o alcalde de Cee, Ramón Vigo, cando anunciaba o seu interese por montar un complexo hostaleiro en Caneliñas. A zona, que aínda ten os restos dunha antiga baleeira, leva varios anos pendente da especulación urbanística e semella que o cambio de goberno acelerou o proceso de aprobación deste novo proxecto urbanístico no noso litoral. Malia que o BNG e Medio Ambiente queiran recuperar a zona para o uso público, semella que o proxecto vai para adiante, senón non se explica o extenso estudio que realizou a empresa Dársena Desarrollos Urbanísticos e Nuclear Research & consultancy Group e que facía público onte El Correo Gallego. Para a creación do que denominan un "espazo lúdico-cultural, deportivo 2 turístico-hoteleiro de calidade", precisarían o convenio urbanístico ademais da aprobación do PXOM. Ademais, o proxecto inclúe a rexeneración da praia, unha escola de vela, un hotel de 4 estrellas e un apartahotel, todo isto, respetando, na medida do posible, os criterios de sostenibilidade ambiental. Datos - Orzamento: 26 millóns de euros.
- Postos de traballo: 40 (entre 350 e 400 durante o proceso de construción (2 anos)).
- Dimensións:
- 5.000 metros cadrados construidos; - superficie total do proxecto: 97.219 metros cadrados totais (o solo urbanizable só chega a 68.928 metros). - Edificios:
- Hotel de Talasoterapia; - Apartahotel con Bungalows. - Escola de vela; - Edificiós a rehabilitar; - Porto deportivo. 
Novas relacionadas Fonte
|