|
Onte presentábamos o proxecto hostaleiro que propón a empresa Dársena para a paraxe de Caneliñas. Un proxecto que incluiría un Hotel de Talasoterapia, un Apartahotel con Bungalows, unha Escola de vela e ata aun porto deportivo. Xa había prantexado outro proxecto urbanística para a zona, que propuña hai uns meses Lábaro, propietaria dos terreos, unha urbanización de chalets. Falou o alcalde de Cee, Ramón Vigo, nos medios o día de hoxe, e apuntou da "mellora" que significa o paso dunha urbanización a un "complexo hostaleiro", que segundo afirma, traería máis beneficios á Costa. Sobre esta idea xa falara o propio alcalde no mes de novembro. O alcalde apuntou que a idea de Costas de facerse cos terreos xa foi desestimada. Puntos positivos para o alcalde Valora o alcalde do proxecto, a necesidade que hai de "recuperar un espazo un espacio degradado". Vigo fala de seguir, iso si, sempre "criterios de sostenibilidade", xa que segundo indica se trata dun "proxecto bastante conservador co medio ambiente, e ben integrado". E neste senso, Vigo manifestou que "non queremos seguir o exemolo da Costa da Blanca", que xa temos un exemplo a evitar ao outro lado da ría. Outro dos puntos que máis valora o alcalde é a mellora das "prazas hoteleiras de calidade" no concello. Neste senso falou Vigo sobre a importancia que tería que cada concello contase cun hotel de calidade. Zona de gran valor paisaxístico A pregunta sobre que se trata dunha zona de alto valor paisaxístico, o alcalde repetiiu que se trata dun espazo degradado e que calquera acción sería boa para o entorno. Inclusión no PXOM Xa sabe o alcalde a postura dos membros da corporación municipal. "Ao PSOE e ao PP parécelles boa idea, pero coma sempre contaremos coa oposición do BNG", que xa manifestou a súa idea de manter limpa a zona. De tódolos xeitos, apunto que "sondearemos e logo pensaremos en incluilo no PXOM". Así, o paso a seguir sería unha "proposta de convenio para incluir no PXOM o proxecto". Pero non quedou aí, e de paso lembrou as outras ideas que ten prantexadas para o desenvolvemento urbanístico do concello. "No Plan Xeral habería que incluír tamén o campo de golf na zona da Armada, a urbanización e o multiusos no espazo da Sicar, ademais do proxecto de Caneliñas". Novas relacionadas Fonte
|