Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A venda nos ollos  Correo-e
viernes, 13 de marzo do 2009

Resulta curioso ver como a sorpresa salta onde todo debería estar xa dito e coñecido. O PSOE vén de anunciar a apertura dun expediente ao alcalde de Vimianzo por pedir o voto para “o PP ou o PSOE, pero nunca para o BNG”, na campaña das pasadas eleccións. O dito, e sorpresa, e o BNG que pide a cabeza do rexedor e a xente botando as mans a cabeza.

Caso curioso este. Parece que son o único (sei que non o son, pero parecer paréceo) que sabia hai moito tempo que o alcalde de Vimianzo era de dereitas. Alejandro Rodríguez leva décadas aplicando unha política populista baseada na cobertura dunhas necesidades primarias a un volume da poboación do seu concello enorme. Primeiro foron pistas e farolas para dar comunicación por estrada e alumeado publico a un concello ancorado a primeiros dos anos 90 no século XVIII. Despois auga corrente, mais instalacións, e postos de traballo a unha pléiade de parentes e veciños moi concretos, asegurándose elección tras elección ata os pasados comicios.

O problema chegou cando as necesidades se sofisticaron, cando se comezou a pedir cultura, ocio, espazos para o esparcemento, cando a xeración mais nova chegou a trintena e pediu mais que pistas e farolas. E cando as luces se apagaron a postura do rexedor foi canto mais a dereita. Acusacións de nepotismo, abuso de poder para nada ocultado, soberbia, ataques o “mensaxeiro”, falta de cimentos democráticos. O caos…

Despois das ultimas eleccións municipais o rexedor rompe o pacto BNG-SOE en Galicia e decide apoiarse para gobernar en acordos puntuais co PP. Non se abriu entón expediente algún, nin cando o BNG demostrou que o alcalde utilizara medios públicos (telefono, correos) para pedir o voto polo SOE os veciños emigrados na Arxentina, nin cando o BNG demostrou saber con semanas de antelación quen ia ser o gañador nun concurso-oposición a unha praza no concello... Non. En ningún deses casos oubo expediente.

Agora Alejandro Rodríguez prepara a súa saída e faino coa connivencia dos socialistas e o apoio dalgún deles de xeito claro e directo. Elimina inimigos do camiño sucesorio (cesamento da edil de cultura Nieves Lema) e afirma que “ eu son o mesmo que hai 20 anos, coas mesmas ideas”. Pois iso... do PP.

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com