Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Aprobados os orzamentos e a piscina de Malpica  Correo-e
viernes, 13 de marzo do 2009

Image

Onte, xoves 12 de marzo de 2009, había tamén pleno no Concello de Malpica. Pouca espectación, comparado co último pleno no que o propio pobo conseguía aprobar a anulación do proxecto da rexeneración da praia de Malpica con areas da zona da Seiruga.

O pleno tiña como punto forte da orde do día a aprobación de orzamentos do 2009, que foron aprobados co aopoio do concelleiro non adscrito, Luis Ceán. Iso si, o concelleiro esixíu a condición de pedir varios proxectos á Xunta, entre os que se atopan a pavimentación e apertura de varias pistas nas parroquias.

O goberno local non permitíu a entrada de cámaras, indicando que "hai que pedilo por escrito", e as protestas chegaron cos rogos e preguntas.

O proxecto de rexeneración está preto

Foi o concelleiro José Manuel Vila, voceiro do AVE, quen preguntou se xa se enviaran as actas dos últimos acordos plenarios, para dar conta ante as administracións superiores do alí acordado. O propio Vila deixou claro que aínda non se enviara ningún documento oficial que cerciorara estes acordos.

Ante esta situación o pobo de Barizo anda preocupado. As obras de extracción de areas da zona de Seiruga para a rexeneración da praia do Canido, está aprobada por Costas para este 1 de abril, polo que se o concello non achega a anulación por acordo do pleno, en 15 días chegarán as grúas á zona.

O propio alcalde, José Ramón Varela Rey (que vemos na imaxe o día do tráxico suceso da desaparición dun operario no porto malpicán), e mais o secretario, afirman que a carga de traballo impedíu levar a cabo a tramitación das actas, pero o farán en canto poidan.

Aprobación do "spa"

Por outra banda, o concello xa sacou a contratación das obras para a construción da piscina municipal climatizada e spa, cos Fondos de IEstatais de Investimento Locai (FEIL). Serán uns 1.138.389 euros e o proxecto contará con dúas piscinas (unha para adultos e outra para nenos), o spa, un ximnasio. De aquí a 10 días as empresas poden presentar os seus proxectos.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com