Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Iván Fraga: "Deberiamos coidar un pouco máis o noso patrimonio natural"  Correo-e
viernes, 13 de marzo do 2009

Image

Voltamos á vila do Cristo para falar con outro membro da rede submariña da Costa da Morte. Dende de Fisterra, pasando por Santiago, Iván Fraga repasa os recunchos máis singulares de todo o país, pasando do Castelo de Vimianzo ao do Pambre, da Ribeira Sacra a Combarro, do entroido de Fisterra ao maís profundo da provincia de Ourense.

Todo isto a través da súa bitácora A Fraga dos Mouros. Aí é onde Iván Fraga trata de recuperar e amosar a beleza das paraxes do noso país continundo no fomento do amor ao noso patrimonio natural e histórico.

Completamos así, e queda aberta a veda, a nosa inmersión na rede fisterrán. Lembramos deste xeito a entrevista que realizamos (ambas integramente pola rede) a Xoán S. Pazos, que coida doutros dous blogs. Ambos estudian na capital galega, na Universidade da Santiago de Compostela, e como bos costeiros, cada fin de semana que poden, voltan ata a fin do mundo.

  • Que ofrece A Fraga dos Mouros?

A Fraga dos Mouros é unha viaxe contínua polo camiño galego, onde cada semana facemos parada en distintos recunchos que conforman esta nósa terra, íso sí, sempre acompañados dos versos dos bardos galegos.

  • Como e por que abriches este espazo?

O obxectivo era compaxinar as miñas tres paixóns: a literatura, a fotografía e as viaxes pola terra. Lembro unha cita de Mario Benedetti que decía que a poesía e a fotografía podían complementarse e ata influírse recíprocamente, e penso que este proxecto leva ese rumbo. Decidín abrir este espazo coma unha homenaxe á terra e xentes do País Galego en conxunto, cunha entrada semanal e sempre ambientada cunha selección de música tradicional.

Image 

  • Cales son os teus recunchos favoritos da Costa da Morte? e do país?

Coma Fisterrán penso que o Cabo Fisterra, o Roncudo e o Vilán ben poden portar o nome de Costa da Morte, e no país quédome con Ortegal e calquera aldea do Caurel ou Ancares.

Fisterra ten un camiño ancestral que morre no cabo e cara o cal viaxan milleiros de persoas dende suficientes séculos atrás, sexa por casualidade, fe ou como destino turístico alternativo ao mediterráneo. O urbanismo pode afectar, e afecta, a certa parte do turismo da nosa vila, que o considera esaxerado e desproporcionado, pero semella que beneficia a un turísmo máis selectivo e de “un mes ao ano”. Recomendo un fermoso documental, A Casa de Lola de Andrés, de Olaia Sendón, e no cal se retracta todo o asunto do urbanismo en Fisterra.

  • Cres que o alcalde ten razón cando di que "Fisterra está demasiado protexida e son os cidadáns os que están desprotexidos"?

Penso que tanto Fisterra coma os fisterráns deben estar o máis protexidos posíbles, e ese debe ser o primeiro obxectivo e compromiso de todo alcalde.

  • Esta Fisterra preparada para o Xacobeo 2010? Que che parece que a estrada ao faro aínda non teña zona para peóns?

Creo que é grave que un lugar coma o cabo, que recibe milleiros de persoas de tóda-las partes do mundo, careza dunha simple aceira ou carril para bicicletas a través do cal chegar ao mesmo, pero grave é tamén, o estado do Paseo Marítimo, a incesante perda da bandeira azul, o máis que criticado Cemiterio de Portela, por non falar da escasa limpeza das praias e a inutilidade dos parques.

Penso que deberiamos coidar un pouco máis o nóso patrimonio natural, máis que nada, polos que han de vir atrás; ao fin e ao cabo, somos nós os que estamos aquí de paso.

  • Que fai á Costa da Morte especial. Cal cres que é a súa particularidade xeográfica?

O milagre e segredo da Costa da Morte son o vento e o mar. Baixo o meu punto de vista, unha vila que non conte coa presenza destes dous axentes naturais non se debería entender coma Costa da Morte.

  • Cres que debemos lanzarnos ao turismo como motor económico central da bisbarra?

Coido que non se está levando ben o timón. Si se plantexara un turismo respetable coa natureza e nunha líña comprometida coa cultura e historia da nósa vila, se cadra colleitaríamos un turísmo limpo e máis agradecido. A pesca non se está sabendo explotar como debería e a solución semella centrarse nas piscifactorías. Penso que o turísmo pode ser pan para hoxe e fame para mañán mentres non se prepare con mellor gusto.

  • Que che pareceu o Entroido deste ano con respecto ao de ano pasados?

Tivo moi pouca participación local, dúas comparsas, e coido que se botan de menos a outras míticas como a do Rombos, Casino ou Anchoa. Só tiven a oportunidade de ver as dúas primeiras, e gustáronme os da Galería.

Novas relacionadas

Recunchos de Fisterra

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com