|

Comeza a Semana Forestal ambiental en Ponteceso. Dende hoxe, 16 de marzo de 2009, e ata o venres 20 de marzo, os escolares pontecesáns farán diferentes actividades relacionadas co coidado e recuperación da masa forestal máis autóctona. Xa hai aberta unha iniciativa ambiental enfocada aos maiores, máis concretamente aos condutores, coa vovedosa campaña de condución eficiente que presentaba a semana pasada o Concello. Repartiranse deste xeito diversas especies de plantas nos colexios do Concello, para que estes realicen actos individuais en cada centro. Entre os escolares, repartiranse macetas e arboriños para que leven aos seus fogares e os planten en familias. Dentro de cada aula dos colexios repartirase unha maceta con sementes de carballo e castiñeiro, co fin de que as coiden, as respeten e as vexan medrar preto deles. Complementando esta campaña de reforestación e concienciación sobre o medio natural, un grupo de vintecinco alumnos asistirá á actuación dun contacontos medioambiental. Tamén se repartirán árbores pequenas e autóctonas entre os alumnos e alumnas das actividades culturais e deportivas do Concello de Ponteceso e pobación en xeral, dende as oficinas de Corme e a OMIX, ata esgotar existencias. Novas relacionadas Fonte
|