|

Esta fin de semana tocóunos pensar. Foi responsabilidade de Ignacio Castro dar comezo aos Seminarios de Filosofía da Costa da Costa da Morte arredor do movemento filosófico contemporáneo Tiqqun, que se desenvolverán cada mes de aquí a xuño, en Corcubión. E despois da afluencia de xente que se viu este sábado 14 de marzo de 2009, na Casa da Cultura, seguiranse con bastante interese. O que nos demostrou que isto de organizar cousas novas na vila pode gustar a xente, polo que agradecemos á Universidade Pupolar de Corcubión, máis concretamente a Serxio Iglesias e a Javi Turnes (vémolo de fronte no medio da imaxe de arriba) por achegar estas propostas a unha zona famenta de cultura. Unhas 30 persoas de todas as idades e condicións (dende os 18 para adiante, estudiantes, profesores, artistas e ata algún xubilado), chegadas de todo o país, e tamén da Costa, estaban alí presentes para tentar aprender da nova perspectiva filosófica que Tiqqun presenta da nosa sociedade actual. Ignacio Castro, profesor galego de filosofía en Madrid, foi o encargado de desfacer as reviravoltas dunha lectura tan densa, "Teoría do Bloom" que servíu para abrir o debate de despois. E é que din que e unha das teorías máis rompedoras, "peligrosas" e innovadoras das correntes filosóficas actuais. Un movemento que arremente contra a alienación da sociedade contemporánea, que crea unha aparente normalidade e seguridade conseguindo en todos nós unha indiferencia saudable a través dunha serie de identificacións coas que temos que cumplir diariamente, que nos alonxan da nosa máis profunda verdade, a existencia. Algúns dos contidos dos seminarios Forma de vida que convirte a "continxencia de vivir nunha necesidade" e onde a consecuencia máis grave está no individualismo e o esgotamento da "marxinalidade" na sociedade actual. Marxinalidade entendida como fin das diferenciacións no pensamento único que se está a extender, no que todo o mundo cabe. Na terminoloxía usada por Tiqqun, para expresar o gran choque que significaría a aceptación desta teoría por parte do individuo, a procura da sombra da existencia, o vértigo e o medo que suporía este reencuentro e a liberación das identificacións, é o que incitou máis o debate. Palabras como violencia, sectarismo, peligroso, doctrina... e expresións como "convertir o pensamento nunha máquina de guerra", podían ser mal interpretadas e achegarse mesmo a ideoloxías fascistas. Pero xa se sabe que o transgresor sempre provoca polémica. Xa o conferenciante deixou claro que onde máis fallaba o libro era en desenvolver unha proposta de actuación, falan xenéricamente pero non conseguen trazar directrices concretas, polo que deixan camiños abertos para a interpretación de certas frases como: - "Facer eternidade da finitude" ou decantarse pola " violencia do non elexido".
En fin, sen ter que saber definir un método de actuación preciso puidemos sacar moitas cousas prácticas desta sesión, cómo o papel que ten na comunicación as novas tecnoloxías que crean redes sociales, e o importante destas para o movemento de información e posta en contacto entre a xente e as ideas de todo o mundo. Segunda cita, outra visión de Tiqqun Polo tanto, vendo o rendemento que se sacou desta, convidámosvos a que asistades a seguintes que terán lugar dentro dun mes, concretamente o 18 de abril, coa intervención de Miguel Ángel Quintanar, profesor de Filosofía en Lugo, cunha visión máis crítica deste movemento, que nos permitira dar continuidad ao debate que quedou a medias no aire. E é que o tempo cando se disfruta, pasa moi rápido. Máis información Novas relacionadas Fonte Rosaura Romo. Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|