|
O proxecto hostaleiro de Caneliñas traerá moita discusión. Se a semana o alcalde facía pñublica a aposta do concello pola obra, hoxe salta o voceiro do BNG, Dani Oca, quen lembra é unha empresa radicada en Madrid, Dársena Desarrollos Urbanísticos, e que está directamente vencellada ao Grupo Lábaro, que está en proceso de suspensión de pagos, e que conta cunha obra a medias no centro de Cee. "Non é unha empresa seria",. sentencia Oca. O proxecto inluiría a construción dun hotel de catro estrelas, cunhas corenta habitacións e servizo de talasoterapia, un restaurante, cen bungalós e unha escola de vela. Pero sen embargo, para o BNG de Cee este proxecto non é fiable e esconde "intereses meramente especulativos". Ademais, apunta que a obra precisaría "dun convenio urbanístico" e "para que este solo sexa urbanizable hai que cambiar outra ficha de urbanizable a non urbanizable dos arredores, co que algún veciño quedaría sen poder construir". De paso, Oca lembrou as últimas decisións do pleno arredor deste tema: "O BNG e todos os partidos aprobaron a compra por Costas do terreo para que que recuperara o lugar cunha actuación que permita revalorizar a zona para o disfrute de toda a poboación, non para explotación privada". Nota de prensa do BNG de Cee O Goberno local mira máis polos intereses especulativos de empresas foráneas que polo interese xeral dos cidadáns de Cee Unha empresa radicada en Madrid plantexa a sinatura dun convenio urbanístico para construír un complexo hosteleiro en Caneliñas, nunha zona rústica que posúe un especial valor paisaxístico e medioambiental. Segundo os promotores, o proxecto incluiría a construción dun hotel de catro estrelas, cunhas corenta habitacións e servizo de talasoterapia, un restaurante, cen bungalós e unha escola de vela. Sen embargo, para o BNG de Cee este proxecto non é fiable e esconde intereses meramente especulativos. Estamos en contra de que o goberno municipal de Cee preste trato de favor a empresas que perderon completamente a súa credibilidade. Empresas que no seu día presentaron un proxecto de urbanización para Caneliñas e hoxe están es suspensión de pagos. Que simplemente cambiaron o seu nome e a titularidade das súas propiedades. Empresas que teñen cometido irregularidades urbanísticas no noso concello e noutros cercanos, coma Fisterra. Non podemos esquecer que hai persoas de aquí que mercaron o seu piso a a unha desas empresas, e agora nin llo entregan nin lles devolven os cartos. A construción que o goberno local de Cee pretende autorizar en Caneliñas precisa da sinatura dun convenio urbanístico. Un convenio que asina o Concello de Cee e os promotores da obra, impedindo que outros veciños poidan facelo. Para que o solo de Caneliñas sexa urbanizábel deixará de selo outro de Gures, de Lires, da Grixa, ou de calquer outro lugar do concello. Os grupos que conforman o goberno actual, PSOE e Independentes, e anteriormente o PP, sempre privilexian ás empresas que veñen de fóra. Cando se comezou cos traballos de elaboración do PXOM presentáronse decenas de propostas de convenios urbanísticos, case todas de veciños do concello de Cee. Pero, até hoxe só se seguen a considerar as que presentan grandes empresas de de fóra de Galiza (Alicante, ou Guadalajara). Os veciños e veciñas de Cee non entenden por que temos que regalar o noso patrimonio. Apostamos por proxectos que cren riqueza no territorio. Todos e todas sabemos que na obra da empresa en cuestión, en fronte do mercado, non traballou ninguén da comarca ou de Cee. O que sucede é que lles saía máis barato traer xente de fóra para facerse máis ricos a costa do patrimonio dos ceenses. Tal como manifestou hoxe, Daniel Oca, portavoz municipal nacionalista ‘O BNG vai defender que a proposta para Canelilñas sexa a que se aprobou por unanimidade polo Pleno da Corporación, e que consiste en que Costas do Estado ou o Concello de Cee adquiran os terreos para levar a cabo actuacións que poñan en valor o lugar para goce de todos os cidadáns e cidadás de Cee e de aqueles que nos visiten’. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Asemblea Local do BNG de Cee.
|