|
Cabana educa aos pequenos na reciclaxe e no respeto ao medio ambiente |
Correo-e
|
|
miércoles, 18 de marzo do 2009 |
|

Foi o xa mítico contacontos Anxo Moure o que pasou polas escolas de Cabana para traer o seu espectáculo para nenos, sen dúbida, do mellor que hai en todo o país. Anxo Moure vístese coa pel da Carballo con botas para ensinar aos máis pequenos o respecto pola natureza. O Carballo con botas é un dos Contos solidarios que realizan dende a ONG "Bicis pola Paz" e a Asociación Papaventos. É Anxo Moure quen imparte estes talleres, incluidos dentro do programa NATURALmente Cabana, e sempre consegue establecer unha comunicación moi directa cos nenos.
Curso de Cestería de Reciclaxe  Fermosa iniciativa a que está a desenvolver o Concello de Cabana. O curso de Cestería de reciclaxe está a ser un éxito por cada colexio polo que pasa e os cativos involúcranse no recicle. Habíamos tomar nota os adultos... Esta semana comezaron os obradoiros de cestería de reciclaxe impartidos pola mestra artesá Lola Torrón. Vemos por exemplo os talleres realizados no C.R.A. Os Remuiños, nos que ata arriba de papeis quedaron os pequechos. Un fenomenal xeito de educar na reciclaxe dende a base. Máis información Novas relacionadas Fonte
|