Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Sobre Tiqqun en Corcubión  Correo-e
miércoles, 18 de marzo do 2009

Esta pasada fin de semana Corcubión convertíase no centro do país. Así llo facía chegar os propios paticipantes do primeiro dos Seminarios filosóficos da Costa da Morte sobre o movemento Tiqqun. O mesmo Ignacio Castro (na imaxe en segundo plano segundo pola esquerda), profesor de filosofía en Madrid, e encargado de abrir as xornadas, confesóulle a Javi Turnes (na imaxe á esquerda), organizador das charlas, "eu marcho e para a periferia e ti quedas na capital".

Así foi a impresión xeral que quedou entres os participantes do seminario, que continuará o vindeiro 18 Abril 2009, con Miguel Ángel Quintanar, que ofrecerá unha visión moito máis crítica do movemento.

Pero para dar un novo repaso, máis profundo, e dende dentro, quedamos con Manuel Hauser Loureda, outro dos participantes do seminario e que forma parte da comunidade dos que non teñen comunidade, o Proxecto Derriba.

Sobre Tiqqun en CorcubiónImage

Falou (Ignacio Castro Rey) do tiqqun, e tamén da crise. Falou da inestabilidade, do trauma, do violento, do abismal, do desequilibrio... como constitutivos da vida. A crise, trata de tapar que isto é así; o noso sistema, o capitalismo, é sistema da separación, do desvinculo, da escisión. Xa avisaron Marx e Nietzsche, e cada vez máis isto é absoluto. A separación, a individualización, o exceso de comodidade, a falta de contacto co real, que dá pánico.

Sorprendentemente o exceso de individualización dá lugar á dividuación: ao individuo dividido, partido, escindido, squizo... Porque o proceso de separación chega a entrar incluso dentro do elemental: dentro do pensamento como potencia íntegra. Esta migración, esta conquista... é a última e derradeira do Imperio: é a grande conquista, a do máis puro adentro colonizado por fin. Fronte a elo, que facer? O tiqqun é posición: instante de nada, de baleiro, que deixa entrar o alleo, o negativo, o non-ser... e agarda a que elo por si mesmo... se precipite.

Precipitación, violencia e catástrofe son de novo, insistimos, constitutivos da vida, da natureza, do que emerxe, da consistencia. Aprender a situarse ante esta nada, deixar que pase, abrir a súa potencia, aceptar profundamente o fracaso, o nivel máis baixa do noso idealismo... e dende aí; coller velocidade, aceleración, abrir a precipitación, a tormenta, a catástrofe. Dende o duelo entre Hegel e Nietzsche (isto o digo eu) e o duelo entre Heidegger e Deleuze, non víramos o modo de conxugalos: a acción e a comprensión, o ser-permanecer e o devir. Aquí por fin (quizais nun Niezstche ben profundo si estaban) se abrazan. Agardar, deixar entrar o alleo = tormenta, potencia. O acontecemento sempre é pre-visto.

Como o 11 setembro. Sempre se pode atopar previamente nunha densidade que o anticipa, non exclusivamente, pero si cada vez con máis probabilidade. Tódolos futuros están escritos, incluso “o futuro”, na gran espiral que se desprega, infinitamente polas dúas portas: a do pasado e a do futuro. Situémonos no punto da transformación, do devir, da ambivalencia, enriba da liña que separa, o ben e o mal, que separa: as proxeccións e as identidades, situémonos no punto cego, dá igual o que fagamos, importa cómo entremos a facelo, a fisura que abramos ao respecto, importa o pensamento co que facemos cada cousa; si, por fin, o pensamento, chegou a súa época; que significa pensar? (Heidegger).

Falamos de bruxería e de nazismo; porque algúns ven que o tiqqun xeraría ou xerará un fascismo. Porque se defende a violencia, e se fala do acto surrealista de saír a matar á rúa.... Tamén se falou doutras posíbeis “aplicacións” do tiqqun: performances? partidos políticos? Non cabe dúbida de que o Partido Imaxinario non é propiamente un partido; non está ao nivel do Estado de Dereito; non se mira aí nin se recoñece. Neste senso, poderiamos ser de dereitas ou de esquerdas, votar ao PP ou ao Bloque, e igualmente atoparnos en tiqqun.

Neste senso Ignacio falou case de algo semellante ao famoso filme-novela O club da loita (Chuck Palaniuk): camareiros, taxistas, banqueiros, avogados... todos poden ser ese calquera. Mais non por ser calquera se é tiqqun, moito ollo! Ao revés, é condición de ser tiqqun o ser calquera, necesaria mais non suficiente. Ao fin e ao cabo, algo que me obsesiona de tiqqun con respecto á nosa situación contemporánea: “cómo non facer do común o vulgar”. Nas súas verbas. Cómo alentar ese novo comunismo. En qué consiste esa comunidade que vén. Cómo organizala. Cómo articulala. Agora ben, moito ollo de novo. Esa comunidade é comunidade do porvir. Invisíbel como aplicación, proxección. Real como potencia, capacidade, precipitación, catástrofe. Situarnos nesa potencia. Abrirnos totalmente a ela. Darlle cabida, toda. Ausentar as identidades que permanecen en nós. Permanecer como in-diferencia que diferencia. Permanecer como transmutadores, do acontecer. Facéndoo verter sobre o surco aberto. Todo ese precioso líquido, contido, fluxo... do devir, vertilo sobre a fisura, sobre a grieta, co noso pensamento, co noso estar, co noso xesto.

É que non é práctico entón o bloom? É que non é político? E que non intercede na polis e na conviencia? É que non combate esa conquista absoluta do imperio: a dividuación da nosa potencia? Toda esa forza do Imperio non a manexa ninguén, non a dirixe ninguén. É o propio bloom, que é histórico e forma parte do noso destino. Agora chegou o seu momento absoluto: final da metafísica, comezo do Espectáculo-Biopoder, comezo do pensamento. Agora esa forza da negatividade entra a por nós en cada instante, quere devorarnos, consumirnos, conquistarnos, posuírnos... E tan só, un pacto coa mesma, co escuro, coa sombra, co afecto cuasi primitivo, pode salvarnos.

Teoloxía para ateos. Alianza co diaño. Bruxería? Soamente deixando entrar ata o máis profundo, ata o máis residual ao negativo, soamente no noso baleiro absoluto, poderemos precipitar, por fin o acontecemento. Leibniz, Marx, Nietzsche, Heidegger, Deleuze... o viron, cada vez máis preto, mais na súa época o bloom non estaba aínda totalmente liberado.

grazas Ignacio.

  • Manuel Hauser Loureda.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com