doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Galiza non se vende maniféstase en contra dos proxectos de Touriñán e de Caneliñas  Correo-e
miércoles, 18 de marzo do 2009

Falou esta semana coa Radio Nordés, Brasilia Louro, unha das voceiras da Rede Galiza non se Vende, e do Comité de Defensa das Rías Altas. E falou claro. Na imaxe vemos unha vella escena da antiga baleeira de Caneliñas.

Caneliñas Image

Brasilia comezou analizando que son varias as "actuacións á acometer na Costa que levan á reflexión". Comezou o repaso polas contras do proxecto hostaleiro para Caneliñas, que calificou de "tipicamente marbellí", unha obra ao estilo mediterráneo pero máis ao bruto".

Lembrou que o beneficio do proxecto será para unha promotora privada, como sinalara o O BNG de Cee, e que os terreos seguen estando protexidos pola Lei de Costas do goberno da época de Fraga.

Ademais, Brasilia apuntou que é imposible manter os "criterios de sostenibilidade" cando falamos dun proxecto con estradas, aparcadoiros, porto deportivo, 40 bungalows e un hotel. Ten medo ademais Brasilia de que esto sexa o "comezo para continuar alicantado o litorial, comezando por unha das praias máis bonitas de Galicia, a de Gures". Todo lembrando que é o único recuncho virxe do concello de Cee, e que en Galicia "non queremos ser o Mediterráneo".

Implicación dos estamentos públicos

Pero foi máis alá Brasilia, chegando a aportar datos sobre a merca de terreos do fillo do anterior alcalde, Antonio Domínguez, quen compraría uns terreos na zona de Caneliñas, no que varias das parcelas precisaban a recalificación de "solo rústico" a "urbanizable". "Aquí facemos o mesmo que no Mediterráneo (...) as leis se violan sistematicamente", sentenciou Brasilia.

Reflexiona sobre o feito de que foi Costas quen prohibiu a urbanización anterior con campo de golf que presentara Lábaro. "Pero se dende o Ministeiro de Medio Ambiente dixeron que non se vai facer, por que este silencio agora?"

Brasilia deixa claro que a única opción ten que ser a merca por parte da administración pública dos terreos, que xa prantexara Costas no seu momento, para recupera a zona para uso público, sexa cal for.

Cabo TouriñánImage

Tamén falou sobre o Cabo Touriñán, un espacio ameazado por un proxecto de parque eólico e pola suposta piscifactoría de Pescanova. Brasilia eixou patente o rexeitamento total da rede ao proxecto da piscifactoría de Pescanova no Cabo, lugar que calificou como "un dos espacios naturais mellor protexidos do estado español e toda Europa", e non máis que ver o vídeo de Francisco Santiago Lópe para comprobalo.

Comparou ademais a situación do Cabo Touriñán coa vivida hai anos no Cabo Vilán. Brasilia non entende como podemos copiar da dramática sitaución na que se atopa o Cabo Villano, e agarda que non volvamos realizar o mesmo erro en Touriñán.

Deu datos de biodiversidade, de paisaxe, e de como a acuicultura tense que ubicar en espazos xa algo degradados, non en zonas virxes como esta, que quedan moi poucas en toda Europa. Nese sentido puxo enriba da mesa un informe europeo, o informe Auken sobre o urbanismo no estado español, que nos sinala como os máis destrutivo co noso entorno, ademais de analizar como a "especulación inmobiliaria é unha das causas da recesión económica do estado español".

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Radio Nordés-Cadena Ser.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com