|
Rocío Leira tamén gaña na casa |
Correo-e
|
|
martes, 24 de marzo do 2009 |
|

Xa temos gañadores dos premios do II Certame de Poesía "Mulleres do noso tempo", que organizou o Concello de Cee. E como cabía agardar, a poetisa ceense Rocío Leira continúa abusando, e desta volta tócalle gañar na casa. Un certame artellado co gallo do Día da Muller, que tanta relevancia recibe do concello ceense. A poetisa, natural de Pereiriña, suma premio tras premio, e xa pasan da centena os certames literarios gañados pola licenciada en matemáticas. Rocío recibirá un premio de 295€ pola súa poesía "Alborexar dun sono". O resto de premios quedaron do seguinte xeito: - O segundo para VÍCTOR HUGO CONDE LÓPEZ pola poesía “LÚA”con 200€.
- O terceiro para MAR CASTRO BUJEIRO pola poesía “ESCOITA AGORA”con 100€.
Os premios serán entregados hoxe martes día 24 ás 19:30 horas no Salón de Plenos do Concello. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Delegación de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee.
|