Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Carnota critica o "despilfarro" do alcalde nestes tempos de crise  Correo-e
jueves, 26 de marzo do 2009

O BNG de Carnota vén de publicar no seu blog un repaso ás actuacións do goberno minicipal do PP nestes tempos de crise. Para o BNG "o goberno de Carnota responde á crise dilapidando personal e recursos". O BNG califica de "irracional" a política de persoal que está a desenvolver o concello, argumentando que o goberno non ten criterio á hora de aproveitar "os recursos humanos e os fondos públicos dos que ata agora dispoñía o concello".

O BNG denuncia que "8 traballadores e técnicos cualificados" de dentro do concello, foron subtituídos por traballadores alleos, multiplicando por 15 o gasto das arcar municipais.

Denuncia problemas cun mestre e cun xornalista, ademais de sinalar que "hai poucas semanas os máximos responsábeis políticos do Concello de Carnota despediron improcedentemente á limpadora do centro de saúde do Pindo", e "á responsábel de actividades culturais e da OMIC", "ás que terán que indemnizar por sentencia xudicial (recurrida) con 30.000 euros, ou ben readmitilas nos seus postos".

Soldos e sobresoldos

Fixera o pasado ano o BNG de Carnota un estudio no que denunciaba que o concello era un dos que máis gasta en soldos. Vai máis adiante o BNG e fala do "paquete de bonificacións salariais" supostamente establecido polo goberno. Pon números, que podedes ver no seu blog, con cifras e nomes, denunciando o favoritismo por amizade do concello á hora de estableces as contratacións e dos incentivos.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com