|
Se a Xunta quere que o sector do mar cumpla as normativas en materia de seguirdade, terá que facerllo fácil, e barato. Isto é o que pon sobre a mesa a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega), no último informe que vén de realizar sobre a aplicación da normativa de seguridade no país. A Asoar denuncia o aumento de gasto ao que unha embarcación de artes menores ten que facer fronte coas novas esixencias en prevención de riscos a partir da recente normativa. A Asoar lembra que a pesca é un sector en declive no que a falta de recursos económicos é un dos males endémicos. A modernización dos equipos de prevención require cambios nos equipos de traballo, implica fortes investimentos que afectan especialmente a un sector cunhas marxes de beneficios tan escasos que calquera nova esixencia, faga exporse ao arma. Asoar cuantifica en máis de 5.000 euros o investimento que hai que terña que afrontar un armador para poñerse ao día en materia de salvamento e prevención. Un custe, se cadra, demasiado alto para que todas as embarcacións poidan cumprir a normativa. Obxectivo informe Este informe, elaborado por ASOAR-ARMEGA, pretende presentar un cálculo aproximado do gasto que debe afrontar un armador para cumprir coa nova normativa de prevención e seguridade. Un armador dedicado á pesca local con artes menores, para cumprir coas normas de inspección, revisión e mantemento dos mesmo, debe dotar ao seu buque cos seguintes medios : - medios de urxencia (Balsas salvavidas, Aros salvavidas, Chalecos salvavidas, Sinais de socorro);
- equipos de radiotelecomunicación;
- botiquines;
- medios de extinción contra incendio;
- gastos ocasionado pola contratación dun servizo de prevención alleo encargado de xestionar a prevención do buque e o dunha asesoría que realice as auditorías obrigatorias pertinentes;
- gastos derivados da adquisición e revisión dos dispositivos de seguridade.
- non se introduciu o gasto ocasionado pola substitución dos medicamentos caducados tras a compra do botiquín.
Metodoloxía O estudio refírese a un buque patrón, cunha eslora menor de 12 metros con casco de madeira e espazos cubertos habitables homologados e no que desempeñan a súa actividade cinco tripulantes. O orzamento final calculouse como unha media dos datos facilitados por distintos provedores. Resultados Exposición dos gastos ocasionado polos dispositivos de seguridade obrigados en R.D.543/2007 de 27 de abril, polos botiquines requiridos no R.D. 258/1999, de 12 de febreiro e polos equipos de radiocomunicaciones esixidos polo R.D. 1185/2006, de 16 de outubro. A este orzamento hai que sumarlle o gasto ocasionado polas revisións pertinentes dos diferentes dispositivos de seguridade (revisión balsas, revisión botiquín, bengalas), que se mostran a continuación na seguinte táboa. Táboa 2. Mostra de prezo de revisións anuais obrigadas dos dispositivos de seguridade, os equipos radioeléctricos e os botiquines. Tabla 4. Estimación de presupuesto total. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.
- Imaxe de Corme.netdos exercicios de Salvamento celebrados en Corme hai dúas semanas.
|