|
Dende onte xa nadie traballa na obra que a empresa Labaro está a construir en Cee. A orden dada pola Alcaldía o mércores pasado foi taxante: paralización inmediata das obras por incumplimento ata en oito conceptos distintos. Exemplos deses incumplimentos segundo o concello serían as buhardillas e unha zona central que non se pode construir en sótano e baixo. O PP emitiu unha nota na que entende que non hai razón obxectiva algunha para esta paralización, e continua recordando que elo podría causar unha responsabilidade patrimonial o Concello, co enorme perxuicio que elo conlevaría. Sigue dicindo o PP, que non permiten baixo ningún concepto que se diga que o edificio está construido en zona verde e ademáis que as normas non son un PXOM, e poden ser interpretadas. A polémica tamén xurde en canto a quen concediu a licencia e quen emite agora o informe para súa paralización. O Alcalde de Cee, o independente Ramón Vigo, ten previsto unha reunión este xoves co xerente da constructora Lábaro para tentar de resolver a situación plantexada. Fontes desta nova: La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
|