Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Ferroatlántica, única culpable da desfeita ecolóxica da Fervenza para a Fiscalía  Correo-e
viernes, 27 de marzo do 2009

Image

O Fiscal exculpa así á Xunta de Galicia e ao seu imputado, directivo do ente Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Para a Fiscalía, a única responsable da desfeita ecolóxica ocorrida en novembro de 2007, é a empresa concesionaria da explotación hidroeléctrica do río Xallas, Ferroatlántica. Os sucesos ocorrían un 11 de novembro de 2007, cando a seca total do enconro da Fervenza acababa coa vida de milleiros de peixes.

Así, o Ministerio público considera autores dun delito ecolóxico ao delegado de Ferroatlántica, José Luis González-Haba, e no xefe de explotación do encoro, Román Lozano. A Fiscalía entende que a seca debeuse puramente ao exceso de produción eléctrica en plena seca. A enercía é producida pola minicentral hidroeléctrica que a empresa ten río abaixo, no encoro de Santa Uxía do Ézaro, encoro que nunca baixou do 90% de capacidade, feito sospeitoso estudiado pola Fiscalía.

A Fiscalía exculpa ao director de Augas de Galicia, José Luis Romero, e ao subdirector, Francisco Alonso. Considera insuficiente o informe que a empresa concesionario emitíu un día antes sobre os problemas da seca, argumentando que o emitíu ao SeProNa e non a Augas. Ademais, alega que os datos periódicos sobre a ocupación dos encoros, que ten a obriga de comunicar a empresa á Augas, son datos meramente estatísticos e non exime de enviar un comunicado de alerta.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com