Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A noite do cazador  Correo-e
viernes, 27 de marzo do 2009

E finalmente, Lázaro ergueuse e camiñou. A fin, despois de décadas de ignominiosa e vergoñenta permisividade, tras aceptar que un alcalde actuase como si se tratara dun satélite do partido, despois de considerar adecuado que se saltase un pacto rexional para compartir goberno municipal con outra forza de esquerdas, despois de aceptar enchufismo, mercadeo e outras herbas, finalmente, o SOE decide por fin expulsar do partido o alcalde de Vimianzo. Manda carallo na Habana.

Alguén me dicía estes pasados días que no SOE deberían comezar a rodar cabezas si se quería que a máquina estivera de novo en marcha dentro de catro anos. E cando me comentaban este extremo non pensaba eu en xente como Alejandro Rodríguez, non. A miña mente divagou o redor de outros nomes máis coñecidos, máis cercanos o poder da ultima lexislatura. Pensei en Pachi Vázquez, o inútil pero simpático conselleiro do medio ambiente, pensei na ínclita María Xosé Caride, alias “Non gasto un peso na costa da morte nin que me apaleen”, ou na sempiterna parlamentaria da bisbarra, Marisol Soneira, despois sobre todo dunha das lexislaturas nas que maior silencio gardou dende que esta en política, xusto coincidindo coa etapa na que, dende o goberno, tiña que xustificar a inacción da Xunta en poñer en marcha as grandes obras que tanto demandou dos populares cando estivo na oposición. Pero non.

A criba, a purga Staliniana, vaise facer a base de alcaldes que nunca foron socialistas. A limpeza, a renovación, se fai, como no BNG, decapitando a dirección, a mais visible, e substituíndo rápido non con sangue nova, non, senón co mesmo de antes, co seguinte na cola. Que ninguén se enfade. Apoio de Madrid (ou das “bases” no caso do BNG), congreso en dous meses e ala, para adiante, sen mirar os lados, sen nin sequera ver se algún dos cadáveres ten aínda algo de vida política que deixar. Pisando cabezas, lanzando a area do circo a aqueles que nos demandan. Pero nunca os grandes, os pretores de César, ¡non!, Eses non. Nunca.

Non hai nada mais mesquiño e insultante a intelixencia dun pobo que ver como, despois dunha clamorosa derrota, os partidos vencidos actúan como se non pasara nada, ignorando o resultado o tempo que apelan as “bases”.

“escoitaremos as bases do partido... agora si, seguro... xa verán”. Lamentable.

O alcalde de Vimianzo deixou de ser oficialmente socialista no día de onte. Oficialmente...

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com