Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Teatro, cine, solidariedade e cambio climático  Correo-e
viernes, 27 de marzo do 2009

Día da Árbore e do Teatro en LaxeImage

Este venres 27 de marzo, o Día da Árbore mestúrase co do Teatro. Ás 10:30 da mañá, haberá unha representación no C.P.I. Cabo da Area de Laxe, á que asistirán todos os escolares de Educación Infantil e Primaria do Concello. A representación será "Historia dunha semente", a cargo de Caramuxo Teatro.

Despois da obra, farase o tradicional reparto de pan e chocolate, mentres que o alumnado do último tramo de primaria realizará un Obradoiro de temática Ambiental, os cespíns. Por último, a mañán acabará coa prantación de árbores nos diferentes Centros Educativos: C.P.I. Cabo de Area, E.U. de A Torre e E.U. de Traba.

Teatro en Cee

Image 

O sábado 28 ás 20.15 horas no Máis tr, a compañía San&San trae “AS DESVENTURAS DE CARMEN, GELINES E D. JOSÉ”, as míticas vellas que pasan de cotío pola TVG.

As desventuras de Carme, Gelines e Don José" é un espectáculo cómico sobre o particular xeito de ver o mundo, a vida e a morte de dúas vellas inseparables que conviven no noso querido e escuro rural galego, en consonancia co seu benquerido e pobre párroco D. José, que terá que sufrir mil e unha veces as falcatruadas das súas "insoportables" freguesas. Aproveitando o enorme éxito acadado por estes tres personaxes no programa Luar da TVG, San&saN atrévese a levar a escena os seus mellores momentos, en vivo e en directo, e sen censuras; humor ao bravo non apto para menores de 85 anos.

Teatro en Vimianzo

Este domingo 29 de marzo de 2009, ás 20:00, o Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá a obra Náufragos, do Teatro Galileo.

Festa Solidaria en Ponteceso

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, seguindo coa campaña de relanzamento da feira da Trabe, organiza unha "Feira Solidaria". Será o o vindeiro sábado día 28 de marzo, de 9.00 horas a 15:00 da tarde.

Cine Olga de Corme

Para pechar o ciclo didecado aos tempos do mítico Cine Olga cormelán, o venres 27 de marzo teremos "Cara cortada" (1932), de Howard Hawks, con Paul Muni e Ann Dvorak. Será ás 22:00 no local da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme.

Cine de Igualdade en Corcubión

Image 

A través da Concellería de Servizos Sociais, Corcubión poderá ver un novo filme, no que a protagonista principias é unha muller. Así, este sábado día 28, ás 21:00 na Casa da Cultura, A Cor Púrpura, filme de Steven Spielberg, baseado nunha novela de Alice Walter, con Whoopi Goldberg e Danny Glover.

Tren Turístico de Cabana

Esta fin de semana hai dúas novas saídas do Tren turístico polas parroquias cabanesas, dentro do programa Naturalmente Cabana.. O sábado 28, o tren partirá de Cesullas, saíndo do local social de Fontenla. E para o domingo a parroquia elixida é Borneiro.

A Costa apaga a luzImage

Unha iniciativa verdadeiramente simbólica está a promover WWF-Adena. Unha hora de apagón total. Unha hora na que a electricidade non suba números contador, unha hora na que a humanidade proteste polo exceso de consumo que temos na sociedade actual. A iniciativa "Apaga a luz por unha hora" será este sábado 28 de marzo, aproveitando unha cumbre internacional para acordar un novo Convenio sobre o Cambio Climático. Adena propón que ás 20:30 todos apaguemos a luz, e que fiquemos unha hora sen consumir electricidade.

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com