|

A semana pasada tivemos a sorte de falar coa nosa amiga María Amelia. A blogueira máis visitada de todo o país, a través do seu espacio amis95.blosgpot.com, vén de descubrir, da man do seu neto, o youtube. Está encantada, e xa pensa á internet coma o mellor médico. E non cabe dúbida que a internet deulle unha nova vida. Estivemos chateando con ela (vaia auténtico privilexio) pero a falta dunha boa "banda ancha", como ela mesma protesta, acaba coa súa paciencia. "Sempre está rellenando a barra esta, e eu non teño moita pacinecia para isto", cóntanos. Falamos dunha morea de cousas, comezando pola problemática da lingua. Para Amelia, "quen queira falar galego, que fale, e quen queira falar castelán, que fale castelán. Porque eu non sei falar galego, porque en Corcubión, unha señorita como era eu, non podía falar galego". Así o recoñece mentres non pode evitar que mesturar o galego por simple empatía co interlocutor, completando un "castrapo" case tan galego coma o propio galego. De tódolos xeitos, Amelia recoñece que "toda mi familia era galeguista". Lembra aqueles tempos de represión: "antes non se podia, e agora vou para Muxía e todo o mundo fala galego". Máis dun de amigos Falamos da internet mesma, e nos conta que xa ten "máis dun millóns de amigos", aí é nada. Pero o que non lle gustan sons os anónimos, e fala directamente da comunidade corcubionesa, unha especialista no asunto. "Seguenme mandando mensaxes de Corcubión, pero sempre anónimos e a min non me gusta nada iso de tirar a pedra e esconder a man". Con todo, a muxiá suspira por voltar á Costa, para ver aos seus sobriños Paco e Iago en Corcubión. E tamén quere voltar a Muxía logo dun verán pasado no que faltou á súa cita anual porque un dos seus amigos máis achegados da vila muxiá morrera no inverno anterior. "Dábame demasiada pena, pero creo que agora xa teño gañas de volver", dinos Amelia dende o seu "exilio" nas Rías Baixas. Vídeo chat "Vaia sorpresa que me deu o meu neto. Me dixo: "vén", e de repente estóu falando e vexo un cabalo, e despois me deu a risa cun tiburón ou un perro e me convertín nun animal". Así nos conta a experiencia de cando o seu neto ensinoulle o dos vídeo. E aí están para visitar a ver os vídeos no Canle de youtube de Mariaamelia95, nos que varios animais, falan en voz de María Amelia. Entrementres o neto segue cuscando ferramentas para que a avoa teña un contacto moito máis directo cos seus "amigos submariños". Novas relacionadas
|