Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Parálise en Vimianzo  Correo-e
lunes, 30 de marzo do 2009

O pasado venres, o pleno do Concello de Vimianzo foi máis caldeado do normal. Quedaron nun segundo plano os dous puntos da orde do día, que foron aprazados, e as palabras soaron unhas máis altas cas outras. Os sucesos explican a parálise e deixan en entredito a correspondecia cos derroteiros democráticos habituais

Foi Nieves Lema, nun novo sitio da mesa de plenos, a que puxo a man enriba da mesa. Nieves non fora avisada a unha comisión informativa de Benestar Social e Promoción da Igualdade, e que malia ser apartada das súas competencias (membro da Xunta de goberno Local, Teniente alcalde, e concelleira de Cultura, Deporte, Igualdade e Benestar Social) polo alcalde, segue formando parte da devandita comisión, como sinalou o propio secretario, ademais de seguir sendo concelleira socialista da corporación de pleno dereito. Carme Borbujo propuxo deixar os puntos para vindeiras ocasións e así foi aprobado.

Image

Sen soldo

O pleno non remataba aí. Na tanda de control, na dación de contas e resolucións, o alcalde daba lectura dun escrito no que a cesaba das competencias que el mesmo lle outurgara (membro da Xunta de goberno Local, Teniente alcalde, e concelleira de Cultura, Deporte, Igualdade e Benestar Social). Ata aí ten competencia o alcalde.

Pero o que non podería ter feito é dar conta da supresión do soldo de Nieves, sen previo paso e aprobación polo pleno. O alcalde lía un aescrito remitido a Nieves con data de 9 de marzo, no que informaba de que "a partir da notificación, Nieves Lema deixará de percibir as retribucións que o pleno do concello outorgoulle", saltándose así un acordo plenario". "O alcalde sátouse os acordo plenario, sáltase os derroteiros democráticos", sinalou Nieves. Para ela, iso significa un "exceso nas súas funcións" como alcalde, e ironizou coa "transparencia" da que fai gala o alcalde. Este proceso, para o voceiro do BNG, Manuel Antelo, "é unha cuestión de prevaricación". Para o alcalde o asunto está moi claro: "Se non traballa, non vai cobrar", sentenciou  antes de avisar cun "xa cho quitaremos noutro pleno extraordinario".

Nieves, solicitou un escrito, "un informe xurtídico no que conste o procedemento para modificar o acordo plenario de 30 de xuño de 2007, a efectos de alteracións no réxime retributivo dos concelleiros". Isto é, quere elementos legais para poder demostrar que o procedemento do alcalde ao quitarlle as retribucións é ilegal. 

Os apoios dentro do concello chegan para ambos lados. Se moitos son os veciños que mostran o seu afecto a Nieves Lema, tamén son moitos os que pensan mesmo e crear unha plataforma de apoio ao alcalde.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • La Voz de Galicia: El alcalde vimiancés retira el sueldo a Nieves Lema sin aprobarlo en pleno.
  • El Correo Gallego: El no convocar a Lema impide llegar a acuerdos en Vimianzo.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com