Mércores, 10 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Jorge Mira e a Fundación Eduardo Pondal, premiados polo Padroado Fogar de Bergantiños  Correo-e
martes, 31 de marzo do 2009

Image

O pasado sábado, o Padroado Fogar de Bergantiños anunciaba as nominacións para o Carballés, o Bergantiñán e o Galego do Ano 2008. A profesora Fina Rey Baldomar foi elixida Carrballesa do ano, e a representación costeira nos premiso bergantiñáns foi clara.

Aí está o premio para a Fundación "Eduardo Pondal" de Ponteceso, como propoña a Asociación Monte d´Arxa. Está encantado o Concello de Ponteceso "polo recoñecemento recibido da man de moitas entidades da comarca".

O terceiro premio, o máis amplo recaeu no baiés máis mediático. O divulgador científico Jorge Mira levou o premio ao Galego do Ano. Unha laboura encomiable a que se desempeña levando a ciencia e o saber a cada casa día tras días, dende espazos tan dispares como a televisión ou a Universidade.

Este ano o polifacético científico baiés conseguíu traer ata as terras de Fisterra a unha das maiores eminencias da historia da ciencia, Stephen Hawking logo de entregarlle o Premio Fonseca e de convencelo a visitar a fin do mundo. Aí os vemos a ambos xunto ao alcalde fisterrán Xosé Manuel Traba no faro de Fisterra

A entrega de premios aínda non ten data fixada.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com