|
A complicada problemática laboral na Costa da Morte non fixo máis que comezar. A semana pasada falabamos da posibilidade de que Conservas Carnota presentase un ERE. Os sindicatos xa se puxeron mans á obra para evitar que máis da metade da plantilla, incluída a meirande parte das traballadoras de planta. Falou esta mañá na Radio Nordés-Cadena Ser, Pablo Nieves, do sindicato comarcal agrario de Comisións Obreiras. Pablo explicou a reunión que mantiveron coa inspección de traballo, na que presentaron o informe dos 3 sindicatos. No devandito informe os sindicatos analizan a situación da empresa e aportan posibles solucións para evitar o ERE da industria máis importante do Concello. Horas extras A idea máis importante, é que a día de hoxe, os traballadores fixos-discontinuos están traballando co resto de empregados fixos, quen mesmo están completando horas extras. Toda unha paradoxa para os sindicatos, que non entenden como a empresa di que ten moito produto no stock ao que non lle pode dar saída, e continúa producindo ao máximo. "Unha incongruencia", apunta Pablo. Pouca viabilidade Pablo Nieves denuncia que se a empresa formaliza o ERE, non sería viable. "A maioría dos postos suprimidos son das traballadoras da planta, algo incongruente o plan de viabilidade do ERE, xa que tan só 11 traballadoras de planta quedarían". Deste xeito, para Pablo, sería "imposible manter a fábrica en funcionamento". Dependente dun único cliente con beneficios Ademais, os sindicatos destacan a aprticularidade de que o único cliente de Conservas Carnota é Conservas Dani, a empresa da que se pode dixir que é filial. "Dependemos puramente de Conservas Dani, xa que ten unha concesión do concello e é ademais o único cliente", afirma. Pero analizando os datos da empresa catalana nos últimos 3 anos, os que se estudian para aprobar o ERE, a conclusión é que Dani non está en números vermellos. Posibles solucións Os sindicatos, no informe presentado ata aportan solucións. Entre elas poderíase decidir mesmo prescindir dos traballos temporais, ou dos fixos-discontinuos. Agora toca agardar uns días, xa que dende o 25 de marzo no que foi presentado o ERE, a administración ten 15 días para citar unha decisión. Novas relacionadas Fonte - Radio Nordés - Cadena Ser.
|