Mércores, 10 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O encoro berra de sede  Correo-e
miércoles, 01 de abril do 2009

Image 

Unha semana despois de que a Fiscalía exculpase aos dirixentes de Augas de Galicia pola desfeita ecolóxica do encoro da Fervenza, ollamos con preocupación o estado do encoroVolve estar o encoro da Fervenza en perigo de sequía, e estamos no mes de abril. Se aínda estamos en plena primaveira, quen verá o encoro no verán. Pero o estado do encoro, rondando o 30% de ocupación, chama a atención. A viaxe cara Santiago serve de pedra de toque para ver o estado do encoro, e pasar nun mes de ver un encoro case cheo dende a estrada, á ver a estampa actual, algo terá pasado.

Se ben é certo que apenas ten chovido no último mes, é singular a brusca baixada de nivel que sufriu o encoro nos meses de febreiro e marzo. Ata un 60% de diminución de ocupación, caendo un 30% cada mes.

Iso si, o encoro de Santa Uxía do Ézaro, o que se utiliza para a produción hidroeléctrica alén do suministro de auga de consumo, non baixou en ningún momento do 88%. Curiosa foi a situación do día 16 de febreiro, no que as choivas provocaron que o nivel do encoro da Fervenza superara o de augas abaixo. Feito rapidamente remediado pola empresa concesionaria da explotación do río Xallas, e nunha semana (do 16-02-09 ao 23-02-09) empregou auga como para reducir o nivel nun 17%. Uns 17 Hm3 de auga.

Todo isto sucede con 3 dos 5 fornos das fábricas de Ferroatlántica parados, polo que a meirande parte da enerxía producida é vendida directamente á rede eléctrica nacional. Por algo a CIG quere unificar definitivamente a concesión hidroeléctrica á produción industrial de ferroaleacións.

Hoxe mesmo remata o convenio entre Comité e dirección realizado o pasado mes de febreiro, no que se tomaron certas medidas para evitar o ERE.

Estas son as porcentaxes de ocupación dos dous encoros dende o 2 de febreiro ata o 30 de abril de 2009:

DataFervenzaSta Uxía do Ézaro
30-03-0934,2692,82
23-03-0938,3993,14
16-03-0947,4593,19
09-03-0957,0392,77
02-03-0961,7594,13
23-02-0972,8989,69
16-02-0989,8088,49
09-02-0991,5698,70
02-02-0995,8599,19

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Boletíns hidrolóxicos de Augas de Galicia.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com