Doble cita coa música e co teatro en Cee Este venres, 3 de abril, ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Concello de Cee: CONCERTO A CARGO DOS ALUMNOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Ademais, o sábado 4, ás 20.30 horas, continúan os Sábados en familia coa obra de teatro CHICHO E A SANTA COMPAÑA da compañía LAMBRIACA, dirixida por José Manuel Conde (ex de Fulano, Mengano e Citano) (ver documento adxunto). Teatro en Vimianzo Para o domingo 5 ás 20:00, teremos Os berros do silencio, de Dequenquén Teatro no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. Naturmalmente Cabana en Cundíns e O Esto
O tren turístico do programa Naturalmente Cabana percorrerá o sábado 4 a parroquia de Cundíns. Para o domingo, a elixida é O Esto. Certame fotográfixo e concerto en Ponteceso Hoxe, venres, 3 de abril, entrega de premios do concurso fotográfico organizado pola asociación Balbordo de Ponteceso e que se expón na taberna O Foxo de Ponteceso, e concerto do grupo Submarino band, ás 22:30. Exposición de fotos en Vimianzo de Xesús Búa A exposición Hai vida na Costa da Morte, do fotografo muxián Xesús Búa, abrirá o sábado as súas portas na Casa da Cultura de Vimianzo. O acto de inauguración será o sábado ás 19:00. Contacontos en Ponteceso Co gallo do mes do libro, o concello de ponteceso organiza para este venres 3 de abril unha xornada de Contacontos. Exposición de cine en Camariñas A exposición "Rodando. Un percorrido pola historia do cine", que repasa a historia do cine, estará exposta na sala de exposicións da Casa de Pedra de Camariñas a partir do venres 3 de abril. A inauguración será o propio venres ás 20:00 horas, coa asistencia de responsables do Concello de Camariñas. Presentación do libro de Modesto Fraga O poeta fisterrán vai realizar unha presentación do máis orixinal. Todos nun barco e para o mar, que para iso é a súa inspiración. O domingo ás 17:00, o "María Elena" surcará as augas da ría de Fisterra cun libro na proa. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|