Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Virxe da Barca pechou o verán  Correo-e
lunes, 10 de septiembre do 2007

 Image

Onte, luns 10 de setembro, Muxía disfrutou da última xornada da Romaría da Virxe da Barca, o que como tódolos anos supón practicamente o peche da tempada de festas veraniega.

A fin de semana foi tremenda e a asistencia de xente parece que aumenta cada ano, aínda que pareza imposible. As colas chegaban durante todo o sábado case a Os Muíños. A vila estaba totalmente ateigada de xente, cun ambiente festivo que non parou nin de día nin de noite.

Onte cara o mediodía aínda quedaba tres das tendas de campaña que encheron durante a fin de semana a zona de acampada, que quedaba nun estado lamentable, con moreas de lixo que os campistas non se dignaron a recoller. I é que a festa foi dura.

Onte, luns, os eventos comezaban pola mañá, con pasarrúas para logo facer a procesión ao Santuario e realizar a Misa Solemne (a imaxe do Santuario é precisamente cando a misa se está a realizar, había tanta xente que moita tivo que quedar fora). Logo a Banda de Gaitas de Ares e a charanga Vaite Xa divertiron aos asistentes ao igual que os cabezudos e xigantes que se pasearon polas rúas muxiáns.

Xa pola noite a música a puxeron as orquestras Panorama e Jerusalén. Xa non quedaba tanta xente coma nos días anteriores, pero desta volta púidose disfrutar dunha romaría moito máis enxebre e familiar sen tanta xente vida de fora.

E coma tódolos anos, a Romería da Virxe da Barca serve para dar por concluída outra tempada veraniega na que as festas invaden ano tras ano as vilas de toda a bisbarra. Ata o ano que ven!

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com